Para obter acceso ás funcións intermedias e avanzadas, as creadoras e os creadores de YouTube teñen que levar a cabo os pasos de verificación que se explican neste artigo. Estas verificacións protexen a comunidade de YouTube, xa que dificultan que as persoas que realizan estafas e as que distribúen spam e outros axentes perniciosos provoquen danos.
Acceso ás funcións intermedias
Completar a verificación por teléfono
Se completas a verificación por teléfono, terás acceso ás funcións intermedias. Aquí podes consultar información sobre como acceder ás funcións avanzadas.
- Nun ordenador, inicia sesión en YouTube Studio.
- Fai clic en Configuración.
- Selecciona Canle.
- Fai clic en Acceso ás funcións
Funcións intermedias
VERIFICAR NÚMERO DE TELÉFONO.
Pediráseche que indiques un número de teléfono, ao que enviaremos un código de verificación mediante unha mensaxe de texto ou chamada de voz.
Acceso ás funcións avanzadas
Nas funcións avanzadas inclúense, por exemplo, a posibilidade de fixar comentarios ou uns límites de carga diarios máis altos. As persoas creadoras poden obter acceso ás funcións avanzadas das seguintes maneiras:
- Completando a verificación por teléfono
- Xerando suficiente información para o historial da canle ou verificando a identidade mediante un documento de identidade válido ou un vídeo
- Nota: A verificación mediante un documento de identidade válido ou un vídeo non está dispoñible para todas as persoas creadoras.
Paso 1. Completar a verificación por teléfono
Para verificar o número de teléfono, fai o seguinte:
- Nun ordenador, inicia sesión en YouTube Studio.
- Fai clic en Configuración.
- Selecciona Canle.
- Fai clic en Acceso ás funcións
Funcións intermedias
VERIFICAR NÚMERO DE TELÉFONO.
-
Indica un número de teléfono. Enviaremos un código de verificación mediante unha mensaxe de texto ou chamada de voz a ese número.
Paso 2. Xerar historial na canle ou verificar a identidade cun documento ou vídeo
Despois de completar a verificación por teléfono, podes escoller se queres xerar historial suficiente na canle ou realizar a verificación mediante un documento de identidade ou un vídeo. Ten presente que a verificación por documento de identidade ou por vídeo non está dispoñible para todas as persoas creadoras.
Xerar e manter o historial da túa canle
No historial da canle rexístrase o seguinte:
- A actividade da canle (como cargas de vídeos, emisións en directo e interacción coa audiencia)
- Datos persoais relacionados coa túa Conta de Google:
- Cando e como se creou a túa conta
- Con que frecuencia se utiliza
- Que método usas para conectarte aos servizos de Google
Completar a verificación da identidade
Para verificar a túa identidade mediante un documento válido, fai o seguinte:
- Nun ordenador, inicia sesión en YouTube Studio.
- Fai clic en Configuración.
- Selecciona Canle.
- Fai clic en Acceso ás funcións
Funcións avanzadas
ACCEDER ÁS FUNCIÓNS.
- Selecciona Utilizar documento de identidade e despois fai clic en Recibir correo electrónico. Google enviarache un correo electrónico. Se o prefires, podes escanear un código QR.
- No teléfono, abre o correo electrónico e toca Iniciar verificación.
- Le a explicación sobre o uso que fai Google do teu documento de identidade e acerca de como se almacenará. Para seguir coa verificación, fai clic en Aceptar.
- Sigue as indicacións para facer unha foto do teu documento de identidade. Nota: Comproba que a data de nacemento que figura no documento coincide coa que está rexistrada na túa Conta de Google.
- Fai clic en Enviar. Cando recibamos o teu documento de identidade, revisarémolo. Este proceso adoita tardar 24 horas.
Obtén máis información sobre como se usan os datos de verificación da túa identidade.
Completar a verificación por vídeo
Para verificar a identidade por vídeo, fai o seguinte:
- Inicia sesión en YouTube Studio.
- Fai clic en Configuración
.
- Selecciona Canle.
- Fai clic en Acceso ás funcións
Funcións avanzadas
ACCEDER ÁS FUNCIÓNS.
- Selecciona Usar verificación por vídeo e, a continuación, fai clic en Seguinte e en Recibir correo electrónico.
- Google enviarache un correo electrónico. Se o prefires, podes escanear un código QR.
- No teléfono, abre o correo electrónico e toca Iniciar verificación.
- Sigue as indicacións para realizar unha acción determinada (como seguir un punto ou virar a cabeza).
- Cando se termine de cargar o vídeo de verificación, revisarémolo.
- A revisión adoita tardar 24 horas. Recibirás un correo electrónico cando se aprobe.
Obtén máis información sobre como se usan os datos da túa verificación por vídeo.
Solucionar problemas
Por que se pode atrasar ou restrinxir o acceso ás funcións?
A continuación móstranse algunhas accións que poden provocar atrasos ou restricións no acceso das canles ás funcións avanzadas. Ten en conta que non se trata dunha lista exhaustiva:
- Recibir un toque de atención por infracción das Directrices da comunidade.
- Publicar o mesmo contido de forma reiterada nunha ou varias canles, ou ben cargar contidos que non che pertenzan e que non teñan unha finalidade educativa, documental, científica nin artística.
- Publicar de xeito reiterado vídeos ou comentarios inadecuados, perigosos, violentos, acosadores, de carácter sexual ou que inciten ao odio.
- Distribuír spam, realizar estafas, usar metadatos enganosos, informar de situacións de forma imprecisa ou outras prácticas enganosas.
- Promover o ciberacoso.
- Suplantar a identidade doutras persoas.
- Infrinxir a nosa política de seguranza infantil.
- Manter canles relacionadas con outra canle que infrinxa as nosas políticas (por exemplo, unha persoa que envíe spam ou realice estafas de forma reiterada e que sexa propietaria de varias canles).
- Recibir toques de atención por infraccións de copyright.
Restaurar o acceso ás funcións
Se se restrinxe o acceso a algunha función avanzada, recibirás un correo electrónico. Para que os creadores e as creadoras poidan recuperar o acceso, deben mellorar o seu historial ou verificar a súa identidade mediante un documento de identidade válido ou un vídeo. Ten en conta que a verificación por vídeo ou por documento de identidade non está dispoñible para todas as persoas creadoras.
As canles activas que cumpren de forma continuada as Directrices da comunidade de YouTube adoitan xerar de novo información suficiente no historial nun prazo de 2 meses.
Mensaxes de erro habituais e o seu significado
- "As funcións avanzadas de YouTube non están dispoñibles para esta conta": Significa que tes a sesión iniciada nunha conta cuxa propiedade principal non é túa. Isto pode ocorrer se tes a sesión iniciada nunha conta supervisada ou nunha de marca.
- "Comproba o navegador": O teu navegador non é compatible. Asegúrate de actualizar o dispositivo coas versións máis recentes do sistema operativo e do navegador.
- "A verificación por documento de identidade non funciona coa cámara deste teléfono": A túa cámara non é compatible. Inicia sesión cun teléfono que dispoña dunha cámara traseira con tecnoloxía Full HD para enviar o teu documento de identidade.
- "É posible que outra aplicación estea utilizando a cámara. Pecha as aplicacións que teñas abertas e téntao de novo.": Quere dicir que outra aplicación está usando a cámara. Pecha as aplicacións que teñas abertas e téntao de novo.
Preguntas frecuentes
YouTube cancela millóns de canles cada ano debido a comportamentos e contidos infractores. Moitas destas canles créanas as mesmas persoas ou grupos, que usan, ás veces de xeito excesivo, determinadas funcións coa intención de defraudar ou estafar a audiencia, os anunciantes e as persoas que crean contido, ou ben para aproveitarse deles. A verificación da identidade é un método co que atallamos os casos de uso inadecuado, determinamos se a persoa en cuestión infrinxiu anteriormente a nosa política e restrinximos as solicitudes repetidas.
Número de teléfono
Se decides facilitar un número de teléfono, usarémolo para o seguinte:
- Enviarche un código de verificación.
Verificación por documento de identidade
En canto envíes un documento de identidade válido (por exemplo, un pasaporte ou un permiso de conducir), usarémolo para o seguinte:
- Verificar a túa data de nacemento
- Confirmar que o documento de identidade estea en vigor e sexa válido
- Confirmar que a túa conta non se suspendese anteriormente por infrinxir as políticas de YouTube
Esta información tamén nos axuda a aumentar a protección contra a fraude e o uso inadecuado, así como a mellorar os nosos sistemas de verificación.
Os datos da túa verificación por documento de identidade ou por vídeo eliminaranse de xeito automático da túa Conta de Google nun prazo de dous anos. Normalmente elimínanse un par de meses despois de que se xere suficiente información no historial da túa canle ou ao cabo dun ano sen usares as funcións avanzadas. Máis información sobre como eliminar os datos da túa verificación.
Verificación por vídeo
Unha verificación por vídeo é un vídeo breve no que aparece a cara dunha persoa. Este vídeo usarémolo para:
- Verificar que es unha persoa real
- Confirmar que tes idade suficiente para usar os servizos de Google
- Comprobar que a túa conta non se suspendese por infrinxir as políticas de YouTube
Esta información tamén nos axuda a aumentar a protección contra a fraude e o uso inadecuado, así como a mellorar os nosos sistemas de verificación.
Os datos da túa verificación por documento de identidade ou por vídeo eliminaranse de xeito automático da túa Conta de Google nun prazo de dous anos. Normalmente elimínanse un par de meses despois de que se xere suficiente información no historial da túa canle ou ao cabo dun ano sen usares as funcións avanzadas. Máis información sobre como eliminar os datos da túa verificación.
Conservación e eliminación de datos
Podes eliminar os datos da verificación por documento de identidade ou por vídeo en calquera momento desde a túa Conta de Google. Ten presente que se os eliminas antes de que se xere información suficiente no historial da túa canle de YouTube, non poderás usar as funcións avanzadas a menos que fagas o seguinte:
- Acumular información suficiente no historial da túa canle de YouTube
Ou
- Completar de novo a verificación por documento de identidade ou por vídeo
Para garantir que as persoas ou grupos non eludan as nosas restricións mediante a creación de contas novas, comprobamos se infrinxiches anteriormente as políticas de YouTube e restrinximos as solicitudes repetidas. Google pode gardar os datos do teu documento de identidade, do vídeo e do recoñecemento facial durante un período de tempo determinado como medida de protección contra o uso inadecuado.
Esta información conservarase durante un máximo de tres anos a partir da túa última interacción con YouTube.
Se non queres completar unha verificación por documento de identidade ou por vídeo para acceder ás funcións avanzadas, non é necesario que o fagas. Tes a opción de agardar a que se xere información suficiente no historial da túa canle. De calquera xeito, é probable que a túa canle xa teña suficientes datos acumulados no historial cando precises acceder ás funcións avanzadas.
Cando usas os nosos servizos, confíasnos a túa información. Entendemos que esta é unha gran responsabilidade, por iso traballamos arduamente para protexer eses datos e co fin de que poidas controlalos. Estas medidas están suxeitas á política de privacidade de Google do mesmo xeito que os nosos produtos e funcións.
Nota: Google non lle vende a túa información persoal a ninguén.
Se xa realicei a verificación, por que se me pide que a complete de novo?
Para asegurarnos de seguir de forma responsable as prácticas relacionadas cos datos, en canto acumulas suficiente información no historial da túa canle, os datos relativos á túa verificación por documento de identidade ou por vídeo elimínanse de xeito automático. Tamén poden eliminarse se non usas as funcións avanzadas durante un ano. Ademais, podes decidir eliminar os datos da túa verificación por documento de identidade ou por vídeo en calquera momento desde a túa Conta de Google.
Se se eliminan os datos da verificación, deberás contar con información suficiente no historial da túa canle ou volver enviar a verificación por documento de identidade ou por vídeo para seguir usando as funcións avanzadas.
Cabe salientar que quen cree contido e decida acceder ás funcións avanzadas a través da verificación por documento de identidade ou por vídeo terá que cumprir igualmente as Directrices da comunidade de YouTube e manter un historial da canle positivo. Se non acumula e mantén suficiente historial, podería perder o acceso ás funcións avanzadas, polo que tería que volver realizar a verificación por documento de identidade ou vídeo para recuperalo.
Como podo eliminar os datos da miña verificación?
- Inicia sesión na túa Conta de Google.
- Na parte esquerda, fai clic en Información persoal.
- Selecciona Documento de identidade ou Verificación por vídeo.
- Fai clic en Eliminar
.
Precísase un smartphone porque ofrece seguranza adicional para dificultar que as persoas que realizan estafas e as que envían spam provoquen danos.
Deberías recibir o código de inmediato. En caso contrario, podes solicitar outro. Asegúrate de que non se estea producindo ningún destes problemas habituais:
- Posibles atrasos na recepción das mensaxes de texto. Os atrasos poden producirse en zonas densamente poboadas ou se o nivel de intensidade do sinal é baixo. Se levas esperando xa varios minutos e aínda non recibiches a mensaxe de texto, proba coa opción da chamada de voz.
- Se xa verificaches dúas canles co mesmo número de teléfono, debes usar outro para a verificación. Para evitar usos inadecuados, limitamos a cantidade de canles que se poden asociar a cada número de teléfono.
- Algúns países, rexións e operadores non admiten as mensaxes de texto procedentes de Google. A maioría dos operadores móbiles admiten as mensaxes de texto de Google. Se non é o caso do teu operador, podes probar a opción da chamada de voz ou usar outro número de teléfono.
Se se rexeita o primeiro intento, recibirás unha notificación por correo electrónico. Recomendámosche que revises os consellos que aparecen nese correo. O teu documento de identidade debe cumprir os seguintes requisitos:
- Ser un permiso de conducir, un pasaporte ou outro documento de identidade válido.
- Estar en vigor.
- Mostrar claramente a túa data de nacemento.
- Non mostrar información privada que deba ocultarse.
Se o segundo intento non é satisfactorio, terás que agardar 30 días antes de probar de novo cun método de verificación ou co outro. Tamén podes agardar ata que se xere información suficiente no historial da canle.
Rexeitouse a miña verificación por vídeo. Que podo facer?
Se se rexeita o primeiro intento, recibirás unha notificación por correo electrónico. Recomendámosche que revises os consellos que aparecen nese correo. Asegúrate de seguir estas indicacións:
- Coloca o teléfono diante da cara e á altura dos ollos.
- Grávate nun lugar ben iluminado no que non haxa demasiada luz nin demasiada escuridade.
- Sigue as indicacións para realizar unha acción determinada (como seguir un punto ou virar a cabeza).
- No vídeo só debes aparecer ti.
- Conéctate a unha rede wifi.
Se o segundo intento non é satisfactorio, terás que agardar 30 días antes de probar de novo cun método de verificación ou co outro. Se consideras que a segunda verificación por vídeo debería aprobarse, podes presentar unha apelación e indicarnos o motivo. Tamén podes agardar ata que se xere información suficiente no historial da canle.
Por que non me sae a opción de completar a verificación por documento de identidade ou por vídeo?
Se tes unha conta de marca:
Só a persoa que teña a propiedade principal da canle poderá optar a realizar a verificación da identidade. En función do seu estado de verificación, todos os usuarios da canle terán acceso ás mesmas funcións que quen ten a propiedade principal.
Se non tes unha conta de marca:
Só a persoa que teña a propiedade da canle poderá optar a realizar a verificación da identidade. En función do seu estado de verificación, todos os usuarios e usuarias da canle terán acceso ás mesmas funcións que quen ten a propiedade.
En que se diferencia da estimación de idade?