Notificación

Users can now migrate Google Podcasts subscriptions to YouTube Music or to another app that supports OPML import. Learn more here

Presentámosche a IA xenerativa

A intelixencia artificial (IA) xenerativa é un tipo de IA que pode axudarche a crear contido. Pode contribuír a mellorar a túa creatividade, a túa produtividade e a túa imaxe como persoa experta.

Neste artigo, podes obter información sobre a IA xenerativa que che dará resposta a preguntas como, por exemplo, as seguintes:

  • Que é a IA xenerativa e como funciona?
  • Como usar a IA xenerativa e avaliar a precisión das súas respostas?
  • Como desenvolvemos a IA desde Google?

Que é a IA xenerativa?

A IA xenerativa é un tipo de modelo de aprendizaxe automática. Non é un ser humano. Non pode pensar por si mesma nin sentir emocións. Simplemente se lle dá ben buscar padróns.

Antes, a IA usábase para entender e recomendar información. Agora, a IA xenerativa tamén pode axudarnos a crear contidos novos, como imaxes, música e código.

Como se adestran os modelos de aprendizaxe automática?

Os modelos de aprendizaxe automática, entre os que se atopa o da IA xenerativa, aprenden a través dun proceso de observación e asociación de coincidencias de padróns que se coñece como "adestramento". Para que un modelo entenda o que é unha zapatilla deportiva, adéstrase con millóns de fotos deste tipo de calzado. Ao final, acaba recoñecendo que as deportivas son uns obxectos que os seres humanos levan nos pés e que teñen amallós, solas e un logotipo.

O modelo pode usar o adestramento para o seguinte:

  1. Recibir unha solicitude como, por exemplo, "Xera unha imaxe dunhas zapatillas deportivas cun adorno dunha cabra". 
  2. Asociar o que aprendeu sobre as zapatillas, as cabras e os adornos.
  3. Xerar a imaxe solicitada aínda que nunca vise nada parecido.
Como alimentan a IA xenerativa os modelos lingüísticos de gran tamaño?

A IA xenerativa e os modelos lingüísticos de gran tamaño forman parte da mesma tecnoloxía. A IA xenerativa pode alimentarse con calquera tipo de datos, mentres que os modelos lingüísticos de gran tamaño utilizan as palabras como principal fonte de datos de adestramento.

As experiencias que ofrecen os modelos lingüísticos de gran tamaño (por exemplo, Gemini e as experiencias xenerativas de busca) poden predicir as palabras que poderían usarse despois dun determinado punto baseándose na túa solicitude e no texto xerado ata ese momento. Contan cunha certa flexibilidade para escoller as palabras que poderían seguirlle ao texto xa escrito, as cales coincidirán cos padróns que obteñen durante o adestramento. Esta flexibilidade permítelles xerar respostas creativas.

Se lles pides que rematen a frase "Harry [espazo en branco]", poden predicir que a seguinte palabra será "Styles" ou "Potter".

 

Como usar a IA xenerativa?

Importante: As experiencias de Google facilitadas pola IA xenerativa poden axudarche a comezar un proceso creativo. No entanto, non están pensadas para facer todo o traballo por ti nin para adoptar o rol creador.

Velaquí tes 3 propósitos cos que podes usar a IA xenerativa:

  • Inspirarte con ideas creativas. Por exemplo, obter axuda para escribir unha precuela da túa película favorita.
  • Formular preguntas que non crías que tivesen resposta. Por exemplo, "Que foi antes, a galiña ou o ovo?".
  • Obter unha axudiña extra. Pedirlle que che suxira un título para unha historia que escribises ou obter axuda para identificar a especie dun animal ou insecto que aparece nunha imaxe.

As you explore, create, and learn new things with Generative AI, it's important to use it responsibly. For details, review our Generative AI Prohibited Use Policy.

A IA pode cometer erros e, de feito, cometeraos

Como a IA xenerativa ten carácter experimental e aínda se está desenvolvendo, pode cometer erros e, de feito, cometeraos:

  • Pode que invente cousas. A invención de respostas por parte da IA xenerativa denomínase "alucinación". As alucinacións ocorren porque, a diferenza da Busca de Google, que obtén información da Web, os modelos lingüísticos de gran tamaño non recompilan ningunha información. En troques, predín as palabras que poderían seguirlle a un texto baseándose no que escriben os usuarios. 
    • Por exemplo, poderías preguntar "Quen vai gañar as competicións femininas de ximnasia nos Xogos Olímpicos de Verán de 2032 en Brisbane?" e recibir unha resposta, aínda que o evento aínda non tivese lugar.
  • Pode entender mal algunhas cousas. Ás veces, os produtos de IA xenerativa interpretan mal algunha palabra e modifican así o significado dunha solicitude.
    • Por exemplo, pode que queiras indagar acerca das tapas, os petiscos que se ofrecen nalgúns establecementos de hostalaría. Así e todo, ao pedir información sobre estas, pode que obteñas a resposta de que as tapas son pezas móbiles que se usan para pechar recipientes.
Analiza sempre as respostas

Reflexiona cun enfoque crítico acerca das respostas que obteñas a través de ferramentas de IA xenerativa. Utiliza Google e outros recursos para comprobar a veracidade da información que se presenta como certa.

Se detectas algún erro, infórmanos ao respecto. Moitos dos nosos produtos de IA xenerativa contan con ferramentas para informar de contido inadecuado. Os teus comentarios axúdannos a perfeccionar os modelos a fin de mellorar as experiencias da IA xenerativa para todo o mundo.

Usa o código con precaución

As nosas funcións de programación xenerativa teñen carácter experimental e es responsable do uso que fagas do código suxerido ou das explicacións sobre o código. Debes actuar con precaución, así como probar e revisar detidamente todo o código para detectar erros e vulnerabilidades antes de confiar nel. Es responsable de cumprir cos requisitos das licenzas, como, por exemplo, cando facemos referencia a almacéns de código fonte aberto. Máis información.

Como desenvolvemos a IA desde Google?

Co fin de asegurarnos de crear ferramentas que fagan o mundo mellor para todas as persoas, en 2018 desenvolvemos un conxunto de principios respecto da IA. Nestes principios descríbense os nosos obxectivos en relación co desenvolvemento dunha tecnoloxía potente coa que poder abordar algúns dos problemas máis grandes da sociedade dunha maneira responsable.

Por exemplo, usamos a IA para o seguinte:

  • Apoiar as iniciativas destinadas a frear o cambio climático, como reducir as retencións de tráfico para diminuír as emisións dos vehículos.
  • Predicir ou supervisar os desastres naturais, como prognosticar inundacións en máis de 20 países e facer un seguimento dos límites dos incendios en tempo real.
  • Fomentar as innovacións en materia de atención sanitaria, como mellorar o acceso aos cribados de tuberculose e contribuír á detección temperá do cancro de mama.

Nos nosos principios tamén se enumera unha serie de eidos nos que non continuaremos usando a IA (por exemplo, tecnoloxías que causan danos globais ou que infrinxen as leis internacionais e os dereitos humanos).

Consulta a lista completa de principios respecto da IA.

How data helps Google develop generative AI in Search

To develop and improve generative AI experiences on Search and the machine learning technologies that power them, Google uses people's interactions with Search and those experiences. This can include interactions like what they search for and feedback they give, like thumbs up or thumbs down. Human review is one of many ways that we evaluate and improve the quality of our results and products responsibly.

When trained reviewers work to improve the quality of Search’s machine learning models, we take a number of precautions to protect users’ privacy:

  • Data that reviewers see and annotate are disconnected from users’ accounts.
  • Automated tools help recognize and remove a broad range of identifying info and sensitive personal information.

Recursos relacionados

Resultouche útil?

Como podemos mellorar a páxina?
true
Enroll in Google AI Essentials

Looking to get hands-on experience with generative AI tools like Gemini? Learn from experts at Google and get essential AI skills to boost your productivity with Google AI Essentials, zero experience required.

Get started

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
10668252692510896699
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
100334
false
false