Notificación

Users can now migrate Google Podcasts subscriptions to YouTube Music or to another app that supports OPML import. Learn more here

Como determina Google o idioma dos resultados de busca?

Cando fas unha busca en Google, pode que obteñas resultados en idiomas diferentes ao que utilizaches, sobre todo naqueles lugares onde se falan dúas ou máis linguas de xeito habitual. Nesta páxina explícase como se determina automaticamente o idioma dos resultados e como podes filtralos de forma manual para que se che mostren aqueles que estean nunha lingua determinada.

Como determinamos o idioma dos resultados?

Hai moitos países e rexións nos que se utilizan varios idiomas distintos para realizar buscas en Google. A fin de que os resultados sexan o máis útiles posible para as persoas que se atopan nestes contextos multilingües, Google utiliza unha serie de factores co obxecto de determinar de xeito automático o idioma ou idiomas que é máis conveniente empregar en cada caso:

O idioma no que fixo a busca o usuario

O idioma que alguén utiliza á hora de facer unha busca é un factor especialmente importante que lles axuda aos nosos sistemas a entender se esa persoa quere consultar contido nunha lingua distinta á que ten definida na configuración de idioma. Por exemplo, unha persoa que se atopa en Francia e que ten definido o francés na configuración de idioma pode realizar buscas en inglés, árabe ou outras linguas e recibir contido nelas.

A utilidade do contido

Os nosos sistemas entenden se o contido nun determinado idioma resulta útil para aqueles usuarios que fan buscas nunha lingua distinta. Esta situación é moi habitual en certas localizacións onde a xente entende máis dun idioma, sobre todo se non existe información suficiente na lingua na que se realizou a busca.

A opción de configuración Idioma de visualización

Podes controlar o idioma que se utiliza nos botóns e noutro texto visible da Busca de Google a través da opción de configuración Idioma de visualización. Este axuste tamén lle axuda a Google a determinar o idioma no que é conveniente que estean os resultados de busca, aínda que non serve para facer unha criba exhaustiva.

A configuración do navegador e do dispositivo

Algúns navegadores e dispositivos permítenche establecer os teus idiomas preferidos. Se os navegadores ou dispositivos poden comunicarlle esas preferencias a Google, estas poderían axudarlle a determinar o idioma no que debería mostrarche os resultados de busca. Así e todo, non teñen por que facer que todos os resultados se amosen nesa lingua.  

A configuración rexional e de localización

Google tamén se basea no lugar desde o que realiza unha busca un usuario para determinar o idioma dos resultados que se lle mostran. A localización dun usuario resulta útil cando hai unha palabra que se escribe igual en varias linguas, como, por exemplo, "taxi". Google determina de xeito automático a túa localización, pero podes cambiar a configuración rexional cando queiras

A información que facilitan os creadores de contido

Se creas contido multilingüe, podes indicarlle a Google a versión que debería mostrar en primeiro lugar para determinados idiomas

Como filtrar os resultados para que se mostren nun determinado idioma?

Hai dúas formas nas que podes filtrar os resultados de busca de xeito manual para que se mostren nun determinado idioma:

  • Filtro de resultados por idioma: Este filtro aparece sobre os resultados de busca e permíteche restrinxilos para que só aparezan nun ou en varios idiomas da túa preferencia. Máis información.
  • Filtro de idioma da páxina Busca avanzada: Filtra os resultados desde a páxina Busca avanzada.

Ten en conta que os filtros de idioma están deseñados principalmente para os resultados web. Aínda que os utilices, pode que algunhas funcións de busca non cambien, como a información da Gráfica de coñecemento e Contidos destacados. Ademais, pode que non funcionen para os resultados web se Google non dá detectado o idioma dunha páxina. Esta situación pode darse por diversos motivos, como, por exemplo, que unha páxina estea escrita en máis dun idioma ou que o contido non siga as nosas directrices sobre como axudarlle a Google a entender os sitios multilingües.

Resultouche útil?

Como podemos mellorar a páxina?
Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
11159160116629944131
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
100334
false
false