Xa podes usar Filtro de resultados por idioma para filtrar os resultados de busca de Google en diferentes idiomas.
Como funciona a opción Filtro de resultados por idiomaDe forma predeterminada, a Busca de Google determina de xeito automático cales son os idiomas máis adecuados nos que mostrar os resultados. Con todo, ás veces é posible que queiras filtrar explicitamente os resultados por determinados idiomas.
A opción Filtro de resultados por idioma activa un control que che permite filtrar os resultados de busca web por un ou varios idiomas preferidos.
Importante: A opción Filtro de resultados por idioma non se mostrará se o único idioma seleccionado é o inglés. É posible que o filtro de idiomas non estea dispoñible nalgunhas funcións de busca ou no caso de non detectar o idioma. Descubrir como determina Google o idioma dos resultados de busca.Introdución sobre a opción Filtro de resultados por idioma
- Nunha busca de Google, fai clic en Ferramentas.
- Fai clic en Calquera idioma.
- Selecciona o filtro de idioma que prefiras.
Cambiar a opción Filtro de resultados por idioma
Importante: Podes filtrar os resultados por máis dun idioma, pero o filtro non funcionará con cada un individualmente. Por exemplo, se configuras o filtro en árabe, francés e indonesio, filtraranse os resultados para mostrar os que estean neses idiomas. Non se van filtrar os resultados en árabe, francés ou indonesio individualmente.
- No ordenador, abre Configuración de busca.
- Na parte esquerda, fai clic en Idiomas.
- En Filtro de resultados por idioma, fai clic en Editar.
- Selecciona os idiomas que prefiras.
- Na parte inferior, fai clic en Gardar.