Controis parentais para os perfís de YouTube Kids

YouTube Kids ofrece unha experiencia máis segura e sinxela para o público infantil. Hai varios controis e opcións de configuración que che axudarán a orientar a súa experiencia de visualización.

Nota: Se necesitas máis información acerca da configuración e dos controis parentais para as experiencias supervisadas de preadolescentes, podes atopala no noso Centro de Axuda.

Xestionar a configuración e os controis parentais

Existen varias formas de xestionar estes controis. Ao configurar unha Conta de Google para o teu fillo ou filla, podes configurar controis parentais da experiencia de YouTube Kids a través de Family Link. Ao configurar un perfil de YouTube Kids para a túa filla ou fillo, podes definir controis parentais a través de YouTube e YouTube Kids.

Utilizar os controis parentais e as opcións de configuración de YouTube Kids

Podes ver os controis parentais e as outras opcións de configuración dos perfís de YouTube Kids desde a propia aplicación:

  1. Selecciona Configuración na esquina da pantalla.
  2. Resolve a multiplicación ou escribe o teu contrasinal personalizado.
Nota: Algunhas opcións de configuración do dispositivo, como Emitir e Contrasinal personalizado, podes cambialas sen ter que seleccionar o perfil da túa filla ou fillo.

Usar o Centro familiar de YouTube

Para ver os controis parentais e as outras opcións de configuración dos perfís de YouTube Kids en YouTube, fai o seguinte:

  1. Inicia sesión na aplicación YouTube coa túa conta parental vinculada.
  2. Toca a opción Ti, que está no canto inferior dereito.
  3. Toca Configuración .
  4. Toca Centro familiar.

Na aplicación Family Link

Para ver os controis parentais e as outras opcións de configuración dos perfís de YouTube Kids en Family Link, fai o seguinte:

  1. No teu dispositivo, abre a aplicación Family Link Family Link.
  2. Selecciona o teu fillo ou filla.
  3. Toca Controis e despois YouTube.
  4. Cambia as opcións de configuración de YouTube Kids en Configuración de YouTube Kids.

Cambiar as opcións de configuración e controis parentais específicos

Podes personalizar a experiencia de YouTube Kids do teu fillo ou filla axustando opcións de configuración e controis parentais específicos. Estes axustes permitiranche:

Cambiar a configuración do nivel de contido da túa filla ou fillo

Os pais e nais poden decidir como se selecciona o contido en YouTube Kids.

YouTube Kids: How to select content levels based on your kid’s age

Nota: Ademais da configuración de contido que elixas para a túa filla ou fillo, calquera contido de YouTube que compartas co seu perfil tamén pasará a estar dispoñible en YouTube Kids.

Para cambiar a configuración do nivel de contido do teu fillo ou filla desde a aplicación YouTube Kids, fai o seguinte:

  1. Toca Configuración .
  2. Resolve a multiplicación ou escribe o teu contrasinal personalizado.
  3. Toca o perfil da túa filla ou fillo e escribe o contrasinal da túa conta parental.
  4. Toca EDITAR CONFIGURACIÓN.
  5. Selecciona Preescolar, Cativada, Rapazada ou Aproba ti os contidos.

Para cambiar a configuración do nivel de contido do teu fillo ou filla desde YouTube, fai o seguinte:

  1. Inicia sesión na aplicación YouTube coa túa conta parental vinculada.
  2. Toca a opción Ti, que está no canto inferior dereito.
  3. Toca Configuración .
  4. Toca Centro familiar.
  5. Escolle o perfil ou conta infantil.
  6. Na Configuración de YouTube Kids, selecciona EDITAR a carón de Configuración de contido.
Nota: Se queres cambiar a súa configuración de contido a Aproba ti os contidos, debes usar a aplicación YouTube Kids.

Se xestionas a Conta de Google da túa filla ou fillo a través de Family Link, tamén podes cambiar a súa configuración do nivel de contido desde a aplicación Family Link. Para facelo, sigue estes pasos:

  1. No teu dispositivo, abre a aplicación Family Link Family Link.
  2. Selecciona o teu fillo ou filla.
  3. Toca Controis e despois YouTube.
  4. Cambia a configuración do nivel de contido de YouTube Kids do teu fillo ou filla en Configuración de YouTube Kids.
Nota: Obterás unha vista previa do contido que está dispoñible para cada unha das opcións de configuración de contido ao tocar o seu nome ou facer clic nel. Podes cambiar a configuración en calquera momento.
Só contido aprobado

Con esta opción de configuración, a túa filla ou fillo só poderá ver os vídeos, as canles e as coleccións que selecciones. As coleccións son vídeos e canles agrupados por temas, como ciencia e música, escollidos polos equipos de YouTube Kids ou os nosos socios.

Con esta opción de configuración, o teu fillo ou filla non poderá buscar vídeos en YouTube Kids.

YouTube Kids: How to approve what your kids can watch

Para cambiar a configuración de contido da túa filla ou fillo a Aproba ti os contidos, sigue estes pasos:

  1. Abre a aplicación YouTube Kids no seu dispositivo.
  2. Selecciona Configuración .
  3. Resolve a multiplicación ou escribe o teu contrasinal personalizado.
  4. Selecciona o perfil do teu fillo ou filla e escribe o contrasinal da túa conta parental.
  5. Selecciona EDITAR CONFIGURACIÓN.
  6. Selecciona Aproba ti os contidos para activar a opción.
  7. Revisa a información da ventá emerxente Comezar.
  8. Toca Seleccionar.
  9. Toca en calquera colección, canle ou vídeo para aprobar o contido que queres que estea dispoñible para a túa filla ou fillo.
  10. Para saír, selecciona FEITO na caixa vermella situada na parte inferior da pantalla.
Nota: Para editar a lista de coleccións, canles e vídeos que aprobases, toca Xestionar en calquera momento na opción de configuración Só contido aprobado. Mentres aprobas contido, podes tocar VISTA PREVIA para comprobar como será a experiencia do teu fillo ou filla. Tamén podes volver a Configuración en calquera momento para desactivar a opción Só contido aprobado.
Desactivar a busca

Se queres que o acceso da túa filla ou fillo aos contidos de YouTube Kids se restrinxa a un conxunto máis limitado de vídeos, desactiva a función de busca.

Ao desactivala, o teu fillo ou filla non poderá buscar vídeos. Só poderá acceder aos vídeos e ás canles verificados por YouTube Kids. Obtén máis información acerca da función de busca en YouTube Kids e como desactivala.

Ao desactivar a función de busca, bórranse o historial de visualización e o de busca do perfil de YouTube Kids da túa filla ou fillo. Tamén se restablecerá o contido das seccións Vídeos recomendados e Ver de novo.

Borrar historial
Desde YouTube, podes borrar o historial de busca e o de visualización da conta do teu fillo ou filla en todos os seus dispositivos vinculados. Para facelo:
  1. Inicia sesión na aplicación YouTube coa túa conta parental vinculada.
  2. Toca a opción Ti, que está no canto inferior dereito.
  3. Toca Configuración .
  4. Toca Centro familiar.
  5. Escolle o perfil ou conta infantil.
  6. Selecciona Borrar historial.
  7. Para gardar os cambios, selecciona BORRAR.

Na aplicación YouTube Kids:

  1. Toca Configuración .
  2. Resolve a multiplicación ou escribe o teu contrasinal personalizado.
  3. Toca o perfil da túa filla ou fillo e escribe o contrasinal da túa conta parental.
  4. Toca BORRAR HISTORIAL.
  5. Para gardar os cambios, toca Aceptar.
Desactivar reprodución automática
Podes facelo coa opción Desactivar reprodución automática. Se esta opción está marcada, a túa filla ou fillo non poderá activar a reprodución automática.
Para facelo desde YouTube:
  1. Inicia sesión na aplicación YouTube coa túa conta parental vinculada.
  2. Toca a opción Ti, que está no canto inferior dereito.
  3. Toca Configuración .
  4. Toca Centro familiar.
  5. Escolle o perfil ou conta infantil.
  6. Activa a opción Desactivar reprodución automática.
Pór en pausa o historial de visualización
Podes evitar que as novas reproducións de vídeos se utilicen para recomendar outros vídeos. Ao pór en pausa o historial de visualización, tamén impedirás que as novas reproducións de vídeos se utilicen para seleccionar o contido que se mostra nas seccións Vídeos recomendados e Ver de novo.

Para pór en pausa o historial de visualización da aplicación YouTube Kids da túa filla ou fillo, fai o seguinte:

  1. Toca Configuración .
  2. Resolve a multiplicación ou escribe o teu contrasinal personalizado.
  3. Toca o perfil do teu fillo ou filla e escribe o contrasinal da túa conta parental.
  4. Activa a opción Pór en pausa o historial de visualización.

Se queres pór en pausa o seu historial de visualización de YouTube, sigue estes pasos:

  1. Inicia sesión na aplicación YouTube coa túa conta parental vinculada.
  2. Toca a opción Ti, que está no canto inferior dereito.
  3. Toca Configuración .
  4. Toca Centro familiar.
  5. Escolle o perfil ou conta infantil.
  6. Activa a opción Pór en pausa historial de visualización.
Pór en pausa o historial de busca

Ao pór en pausa o historial de busca tamén impedirás que os novos termos de busca se utilicen para seleccionar o contido que se mostra na sección Vídeos recomendados. Consulta máis información sobre como pór en pausa o historial de busca.

​​​​YouTube Premium

Usar unha subscrición a YouTube Premium en YouTube Kids ten varias vantaxes. Por exemplo, tanto a túa filla ou fillo coma ti poderedes ver vídeos en YouTube Kids sen anuncios de pago.

Tamén teredes acceso ás descargas e á reprodución en segundo plano. Consulta máis información sobre estas opcións de configuración.

Código parental

Utilizar o código parental na túa televisión

Activa o código parental na túa televisión para impedir que a rapazada vexa contido sen iniciar sesión ou acceda a contas de membros de maior idade do grupo familiar. Activar o código parental non influirá noutros dispositivos nos que teñas a sesión iniciada.

Nota: O teu código parental non é un contrasinal e non se pode utilizar para verificar a túa Conta de Google nin outros servizos de Google.

Para activar ou restablecer o código parental, fai o seguinte:

  1. Abre a aplicación YouTube na televisión.
  2. Na páxina de inicio, selecciona Configuración.
  3. Selecciona a pestana Código parental.
  4. Sigue as indicacións para configurar ou restablecer o teu código de 4 díxitos.

Cando o actives, débese indicar o código parental para realizar as seguintes accións:

  • Ver YouTube coa sesión pechada.
  • Acceder ás contas dos membros de maior idade do teu grupo familiar (deben ter máis de 13 anos, ou ben a idade aplicable no teu país).
  • Quitar contas da televisión.

Para quitar o código parental, fai o seguinte:

  1. Abre a aplicación YouTube no televisor intelixente.
  2. Na páxina de inicio, selecciona Configuración.
  3. Selecciona a pestana Código parental.
  4. Selecciona Desactivar e indica o teu código de 4 díxitos.

Cando quites o código parental, calquera persoa que poida acceder ao televisor intelixente poderá ver YouTube coa sesión pechada, acceder ás contas para membros de maior idade do grupo familiar e quitar contas da televisión.

Resultouche útil?

Como podemos mellorar a páxina?
Busca
Borrar busca
Pechar busca
Aplicacións de Google
Menú principal
14280766373527406886
true
Buscar no Centro de axuda
false
true
true
true
false
false
false
false