Información importante sobre YouTube Kids dirixida a pais ou nais

YouTube Kids concibiuse como un espazo familiar e divertido para os nenos, as nenas e as súas familias. A aplicación YouTube Kids ofrécelles ás nenas e aos nenos vídeos infantís populares e diversos contidos novos nun formato que lles resulta doado de utilizar. 

Podes decidir cal é a experiencia de YouTube máis adecuada para a túa familia. Consulta máis información sobre as experiencias supervisadas en YouTube.

Antes de que o teu fillo ou filla comece a utilizar este servizo, queremos asegurarnos de que entendas algúns detalles:

Perfís de YouTube Kids

YouTube Kids permite que o pai ou a nai, sempre que teña a sesión iniciada, cree un perfil independente para cada neno ou nena da casa. Estes perfís teñen cadanseu conxunto de preferencias de visualización e recomendacións, de tal xeito que todos os nenos e nenas da familia poderán tirar o máximo partido á aplicación YouTube Kids.

Os perfís están dispoñibles naqueles dispositivos nos que:

  • O pai ou a nai teña a sesión iniciada.
  • Estea instalada a aplicación YouTube Kids.

Podes ter ata oito perfís. Obtén máis información acerca de como crear un perfil.

Nota: Tamén podes utilizar YouTube Kids sen iniciar sesión.
Como se seleccionan os vídeos que están dispoñibles en YouTube Kids?

Unha opción é permitirlle á túa filla ou fillo explorar todos os vídeos de YouTube Kids. Podes escoller entre 3 configuracións de contido diferentes en función da idade do teu fillo ou filla: 

  • Preescolar (nenas e nenos de ata 4 anos)
  • Nenos pequenos (idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos)
  • Nenas e nenos maiores (idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos)

Os nosos sistemas automatizados seleccionan contidos dun conxunto máis amplo de vídeos de YouTube. Traballamos arreo para excluír o contido non adecuado para nenos e nenas. Con todo, non podemos revisar manualmente todos os vídeos e, ademais, ningún sistema automático é perfecto. Se atopas contido inadecuado, podes bloquealo ou denuncialo para que o revisemos rapidamente.

Outra opción é seleccionar de forma manual o contido ao que queres que teña acceso a túa filla ou fillo (Aproba ti os contidos). Se seleccionas esta opción, o teu fillo ou filla non poderá realizar buscas. Para obter máis información acerca de como aplicala, consulta a sección sobre controis parentais e outras opcións de configuración na guía de YouTube Kids.

Escolle a opción que consideres máis axeitada para o teu fillo ou filla. Podes cambiar a configuración en calquera momento. Máis abaixo, describimos varias ferramentas e opcións de configuración que tamén che ofrecemos para controlar en maior medida a experiencia da túa filla ou fillo. Obtén máis información acerca dos controis parentais e outras opcións de configuración.
 

Como descobren os vídeos de YouTube Kids os usuarios infantís?

Os vídeos de YouTube Kids poden descubrirse de varias maneiras diferentes:

Busca

Se tes a Busca activada, permites que o teu fillo ou filla busque e vexa os millóns de vídeos dispoñibles en YouTube Kids. A selección destes vídeos realízaa un algoritmo especial deseñado para ofrecer resultados adecuados e relevantes.
Non obstante, os vídeos dispoñibles a través da Busca non se someten a unha revisión humana. YouTube manexa unha enorme cantidade e variedade de contidos. Polo tanto, aínda que nos esforzamos ao máximo, é posible que o teu fillo ou filla atope contido que non che gustaría que vise.
Se queres restrinxir a experiencia do teu fillo ou filla a un conxunto de contidos máis limitado, podes desactivar a Busca a través da opción de configuración parental correspondente. Ao desactivar a Busca, a túa filla ou fillo só poderá acceder a canles verificadas por YouTube Kids. Recorda que, independentemente do estado da Busca na aplicación, sempre existe a posibilidade de que a túa filla ou fillo atope contido que non che gustaría que vise.
Nota: Cando desactivas a Busca, bórrase o historial de visualización e busca, ademais do contido que se mostra en Recomendados e en Ver de novo.
A maiores da posibilidade de desactivar a Busca, YouTube Kids ofréceche outros controis parentais cos que podes escoller a experiencia adecuada para o teu fillo ou filla. Obtén máis información acerca dos controis parentais e outras opcións de configuración.

Vídeos da pantalla de inicio

Os vídeos que aparecen na pantalla de inicio agrúpanse en distintas categorías, como Programas ou Música. De cando en vez, YouTube Kids pode introducir algunha categoría temporal (por exemplo, Lectura, para celebrar o mes da lectura). A selección destes vídeos realízaa a aplicación mediante un algoritmo preparado especialmente para este fin e mediante algúns procesos de revisión humana. Os vídeos poden clasificarse en función do contido que viu ou buscou a túa filla ou fillo. Tan só representan un subconxunto dos millóns de vídeos dispoñibles en YouTube Kids.
Se tes seleccionada a opción de configuración Só contido aprobado, só haberá unha categoría na pantalla de inicio do teu fillo ou filla. Esta, que se chamará Vídeos aprobados para ti, incluirá o contido que seleccionaches de forma manual.

Vídeos recomendados

Os vídeos recomendados selecciónanse a través do noso algoritmo e non sempre se someten a unha revisión humana. Os vídeos recomendados móstranse independentemente de que a Busca estea activada ou desactivada, e preséntanse como unha categoría adicional na pantalla de inicio unha vez que se viron varios vídeos en YouTube Kids. Tamén poden aparecer incluídos nas catro categorías da pantalla de inicio e como suxestións de contido para que o teu fillo ou filla vexa despois de buscar un vídeo ou de ver algún dos que estaban na pantalla de inicio. Os vídeos recomendados baséanse no contido que se visualizou ou que se buscou na aplicación e sempre proceden do conxunto de vídeos que está dispoñible en YouTube Kids.
Se queres restablecer o contido que se mostra na categoría Recomendados, borra o historial da aplicación na configuración parental. Ten en conta que, ao desactivar a Busca, se borrarán os vídeos que se mostran na sección Recomendados, así como o historial de visualización e de busca.
Ao activar a opción Pausar historial, a aplicación deixará de utilizar os vídeos novos que vexas ou os termos que busques para determinar que vídeos aparecerán en Recomendados. Podes activar ou desactivar a opción Pausar historial na configuración parental.
Podes crear un perfil para o teu fillo ou filla de tal xeito que, se hai varias nenas ou nenos na casa, todos teñan cadansúas recomendacións.
Se o perfil da túa filla ou fillo ten activada a opción Só contido aprobado, na categoría Recomendados só haberá vídeos que conten coa túa aprobación. Obtén máis información sobre os vídeos recomendados.

Ver de novo

Na sección Ver de novo, a túa filla ou fillo pode escoller contido de entre os vídeos que xa se viron na aplicación.
Se queres restablecer os vídeos que se mostran en Ver de novo, borra o historial da aplicación na configuración parental. Ten en conta que, ao desactivar a Busca, se borrarán os vídeos que se mostran na sección Ver de novo, así como o historial de visualización e de busca.
Ao activar a opción Pausar historial, a aplicación deixará de utilizar os vídeos novos que vexas ou os termos que busques para determinar que vídeos aparecerán en Ver de novo. Podes activar ou desactivar a opción Pausar historial na configuración parental.
Podes crear un perfil para o teu fillo ou filla de tal xeito que, se hai varias nenas ou nenos na casa, todos teñan cadansúas recomendacións.

Que controis parentais están dispoñibles en YouTube Kids?

Incluímos varias funcións para que poidas personalizar a experiencia da túa filla ou fillo en YouTube Kids. Por exemplo, podes definir un temporizador para limitar o tempo que pasa na aplicación. A continuación, enuméranse outros controis:

Obtén máis información acerca dos controis parentais e outras opcións de configuración.

Que tipo de publicidade ou de anuncios aparece en YouTube Kids?

Permitimos anuncios de pago limitados ("anuncios de pago") na aplicación para poder ofrecela sen custo económico. Cando o teu fillo ou filla reproduza un vídeo na aplicación, é posible que vexa un anuncio de pago, que se identificará coa mención "Anuncio" e irá precedido da introdución correspondente. Estes anuncios de pago deben seguir as nosas políticas de publicidade, que, entre outras cousas, exclúen certas categorías (por exemplo, a promoción de alimentos e bebidas). Obtén máis información acerca dos anuncios en YouTube Kids e das nosas políticas de publicidade.

Os vídeos de YouTube que cargan os usuarios non son anuncios de pago e, polo tanto, non se marcan como anuncios nin están suxeitos ás nosas políticas de publicidade. É posible que ocorra o mesmo co contido das empresas que tamén comprasen anuncios na aplicación ou co contido relacionado con elas. Por exemplo, ao buscar "trens" poderían mostrarse debuxos animados sobre trens, cancións relacionadas con ese medio de transporte e vídeos de trens reais cargados por usuarios ou por unha empresa de trens de xoguete. Dado que ese contido non forma parte do programa de publicidade de YouTube Kids, non o consideramos anuncios de pago. Outro exemplo: ao buscar "chocolate", pode mostrarse un vídeo cargado por un usuario no que se ensina como facer doces de chocolate, aínda que non permitimos anuncios de pago de chocolateiros. Consulta máis información sobre os vídeos en YouTube Kids.

Se queres ver vídeos sen anuncios de pago co teu fillo ou filla, proba a aplicación YouTube Kids con YouTube PremiumMáis información.

Recompilación e uso da información e dos datos persoais en YouTube Kids

Se queres obter información acerca de todas as nosas prácticas relacionadas cos datos, podes consultar o aviso de privacidade de YouTube Kids. Podes atopalo na páxina kids.youtube.com/t/privacynotice ou, se estás na aplicación, na sección Privacidade, en Configuración.
Tomamos medidas de precaución para protexer a privacidade dos usuarios da nosa aplicación. É importante que, antes de que o neno ou a nena comece a utilizar a aplicación, a súa nai, pai, titor ou titora legal lea este aviso. Se non es o pai, a nai, a titora ou o titor legal da nena ou do neno que vaia usar YouTube Kids, ou se o es pero non estás de acordo coas nosas prácticas de privacidade, non lle deixes utilizar a aplicación.
Google LLC, con domicilio social en 1600 Amphitheatre Pkwy, Mountain View, CA 94043 (Estados Unidos), é o responsable da xestión desta aplicación.

Resultouche útil?

Como podemos mellorar a páxina?
Busca
Borrar busca
Pechar busca
Aplicacións de Google
Menú principal
7149634175969993326
true
Buscar no Centro de axuda
false
true
true
true
false
false
false
false