Notificación

O 25 de marzo de 2024, a función Reserva en Google deixará de estar dispoñible para novas reservas de voos; as que xa teñas non se verán afectadas. Se tes preguntas sobre a túa reserva actual de Reserva en Google, podes poñerte en contacto co socio que figura na confirmación da reserva e con Google.

Reservar voos en Google

Cando buscas voos en Google, normalmente tes a opción de reservalos no sitio web dunha compañía aérea ou axencia de viaxes en liña. Nalgúns casos, para completar a transacción coa compañía aérea ou axencia de viaxes en liña sen saír de Google, podes usar a función Reserva en Google. Google só exerce de intermediario para enviarlle a túa información de forma segura á compañía aérea ou á axencia de viaxes en cuestión e non participa na transacción.

Se iniciaches sesión coa túa Conta de Google, podes realizar a reserva de forma rápida e segura coa información de contacto e de pago que tes almacenada na túa conta.

Como reservar voos en Google

Importante: Todas as reservas se realizan directamente coa axencia de viaxes en liña ou compañía aérea en cuestión. Google non vende billetes de avión nin participa na transacción da reserva.

  1. Busca voos en Google.
  2. Tras seleccionar un voo, escolle a opción Reserva en Google, se está dispoñible.
  3. Indica os detalles dos pasaxeiros (por exemplo, o nome, o sexo, o número de teléfono, a data de nacemento e o enderezo de correo electrónico).
  4. Fai clic en Continuar.
    • Nota: É posible que recibas un correo electrónico de Google unha vez que procesemos o teu pedido. Con todo, a reserva non estará confirmada ata que recibas a confirmación da compañía aérea ou da axencia de viaxes en liña.
  5. Escolle un método de pago que gardases previamente ou indica un novo e fai clic en Continuar.
  6. Podes atopar a opción Seleccionar asentos, se está dispoñible. Para seleccionar os asentos antes de completar a reserva, fai clic en Engadir asentos.
    • Nota: Tamén podes seleccionar os asentos no sitio web da compañía aérea despois de facer a reserva.
  7. Selecciona os asentos para cada pasaxeiro e para cada tramo do voo. Despois, fai clic en Feito.
  8. Comproba que os teus datos persoais e o itinerario do voo sexan correctos.
  9. Fai clic en Reservar.
  10. Google transmitirá de forma segura os datos dos pasaxeiros e os detalles de pago á compañía aérea ou á axencia de viaxes en liña.

Despois de facer a reserva

  • Unha vez procesada a reserva, recibirás un correo electrónico de confirmación da axencia de viaxes en liña ou da compañía aérea.
  • Como parte responsable da túa reserva, esa compañía aérea ou axencia de viaxes en liña ofrece un servizo de atención ao cliente en relación coa reserva (por exemplo, para facer cambios ou cancelacións e para xestionar as reclamacións ou queixas que poidas ter con respecto ao voo).

Métodos de pago e detalles das transaccións

Na maioría dos casos, cargarase o importe na túa tarxeta cando se confirme a reserva. É posible que algunhas axencias de viaxes en liña ou compañías aéreas apliquen un cargo temporal de autorización na túa tarxeta cando procesen a solicitude de reserva.

Métodos de pago aceptados
Podes pagar coas tarxetas de crédito e de débito compatibles que se indican durante o proceso de reserva.
Tarxetas inscritas en 3D Secure
Durante a reserva pódeste atopar cunha proba para verificar a tarxeta.
Como se reflectirán as transaccións no teu extracto bancario?
No extracto figurará un cargo procedente da axencia de viaxes en liña ou da compañía aérea, pero non de Google.
Disputas relacionadas cos cargos
Google non procesa pagos polos voos. Se tes preguntas, debes poñerte en contacto coa axencia de viaxes en liña ou coa compañía aérea. No caso das reservas confirmadas, podes atopar a información de contacto e o nome do socio de reservas nos correos electrónicos de confirmación que recibises.

Obter información sobre as reservas

A menos que o socio de reservas solicitase o contrario, Google enviarache un correo electrónico se a reserva se realizou correctamente. Ese non é o correo de confirmación. Este enviaracho a compañía aérea ou o socio de reservas responsable da reserva. Se non recibes ningunha confirmación nun prazo de 24 horas, ponte en contacto coa compañía aérea ou co socio de reservas.

Consello: Se non recibes un correo electrónico de confirmación no prazo de 24 horas, comproba o cartafol de spam ou correo lixo.

Cambiar ou cancelar reservas
Se queres cambiar ou cancelar unha reserva, ponte en contacto directamente coa axencia de viaxes en liña ou coa compañía aérea.
Se non recibiches un correo electrónico co código de confirmación
  • Comproba o cartafol de spam ou correo lixo.
  • Se reservaches o voo en Google en lugar de facelo no sitio web da axencia de viaxes ou da compañía aérea, utiliza este formulario para poñerte en contacto connosco e obter axuda.
  • Se reservaches o voo no sitio web da compañía aérea ou da axencia de viaxes en liña, ponte en contacto directamente coa compañía ou axencia correspondente para obter axuda.

Asentos, servizos e equipaxe

Como pagar as taxas da equipaxe por adiantado?
Nalgúns casos, tes a oportunidade de pagar por adiantado as taxas da equipaxe durante o último paso do proceso de reserva. Para facelo, selecciona Engadir maletas.

Tamén podes visitar o sitio web da compañía aérea despois de recibir a confirmación da reserva. Desde alí, indica os teus apelidos e o código de confirmación, e selecciona as taxas da equipaxe que queres pagar por adiantado.
Como escoller os asentos?
Unha vez que recibas a confirmación da reserva, visita o sitio web da compañía aérea. Desde alí, indica os teus apelidos e o código de confirmación, e selecciona os asentos dispoñibles incluídos no teu tipo de tarifa.
Preguntas sobre os servizos da compañía aérea ou o transporte de mascotas
Contacta directamente coa compañía aérea, xa que cada unha pode ter normas distintas en relación cos servizos que ofrece e co transporte de mascotas.
Taxas pola equipaxe facturada e restricións na equipaxe de man
As compañías aéreas poden aplicar normas e taxas distintas para a equipaxe facturada, así como restricións na equipaxe de man ou no uso dos compartimentos superiores. Se tes preguntas sobre estes temas, contacta directamente coa compañía aérea ou consulta o seu sitio web.

Outras preguntas

Para obter axuda, primeiro tenta contactar directamente coa compañía aérea ou coa axencia de viaxes. Se xa o fixeches e segues necesitando axuda, ponte en contacto connosco.

As reservas están suxeitas aos Termos e condicións

O uso da función Reserva en Google réxese pola Política de privacidade de Google e as Condicións de servizo de Reservas na Busca de voos de Google.

As reservas están suxeitas aos Termos e condicións das reservas da compañía aérea ou da axencia de viaxes en liña que corresponda.

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
5334837053938836995
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false