Personalizar a moeda, o idioma ou o país

Google Voos pódese personalizar para moitos países, idiomas e moedas de todo o mundo.

Cando accedes a Google Voos, a experiencia predeterminada determínase en función da localización do teu ordenador e da configuración do navegador.

Acerca da selección do país

O país que escollas para Google Voos pode repercutir nalgúns aspectos da busca e da compra que realices. As seguintes opcións poden variar segundo o país:

  • Os socios de reservas, como as axencias de viaxes en liña e as compañías aéreas.
  • Os métodos de pago, entre eles as tarxetas de crédito ou débito.
  • As políticas de reembolso, por exemplo: nos Estados Unidos, tes 24 horas para cambiar ou cancelar un voo sen que se aplique ningunha taxa adicional.

Cambiar a configuración do país, do idioma e da moeda

Se queres usar opcións de configuración diferentes, podes cambiar a configuración predeterminada para a moeda, o idioma ou o país.

Para cambiar de moeda ou país:

  1. Accede a Google Voos.
  2. Desprázate á parte inferior da páxina e busca menús despregables para o idioma, o país e a moeda.

Para cambiar de idioma:
O idioma determínase en función do teu teléfono ou navegador. Consulta máis información sobre como cambiar o idioma en Google.

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
13800684582055719549
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false