Facer un seguimento de determinados voos e prezos

Se aínda non o tes todo listo para reservar unha viaxe, podes utilizar Google Voos a fin de facer un seguimento dos prezos de determinados voos, rutas e datas.

Facer un seguimento dos prezos dunha ruta ou voo

Podes recibir avisos por correo electrónico cando se produza un cambio significativo no prezo dun voo ou dunha ruta da que fagas un seguimento.

  1. Accede a Google Voos.
  2. Na parte superior, escolle a cantidade de escalas, a clase e o número de billetes que precisas.
  3. Selecciona o aeroporto de orixe e o de destino.
  4. Para facer un seguimento dos prezos desta ruta, activa Facer seguimento de prezos.
    • Podes facer un seguimento dos prezos correspondentes ás datas da túa busca ou, se os días da viaxe son flexibles, utilizar a opción Calquera data.
  5. Opcional: Para facer un seguimento dos prezos dun voo específico, escolle o voo e, a continuación, activa Facer seguimento de prezos.
Se fas un seguimento dos prezos coa opción Calquera data, recibirás un correo electrónico cando se detecte unha baixada significativa no prezo mínimo da ruta en cuestión ao longo dun mes. Se non hai ningunha baixada de prezos suficientemente notable, recibirás un correo electrónico ordinario cos mellores prezos de voos dispoñibles.

Consultar os voos dos que fas un seguimento ou desactivar os correos electrónicos

  1. Accede a Google Voos.
  2. Na esquina superior esquerda, fai clic en Menú Menu and then Prezos dos voos dos que se fai un seguimento.
    • Para consultar os voos dos que fas un seguimento, fai clic nunha ruta gardada.
    • Para activar ou desactivar os correos electrónicos de seguimento, fai clic en Engadir notificación .
  3. Opcional: Para deixar de facer o seguimento dunha ruta ou voo, fai clic en Quitar Remove.

Obter información acerca dos cambios nos prezos

Tamén recibirás unha notificación en Google Voos, un correo electrónico ou un aviso no móbil nos seguintes supostos:

  • É probable que suban os prezos dunha ruta da que fas un seguimento.
  • Está a piques de caducar a tarifa actual dun voo, e é probable que a nova sexa máis cara.

Nestas notificacións inclúese un cálculo aproximado da subida probable dos prezos e a fiabilidade que lle atribuímos a cada unha destas estimacións.

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
9521818855018772877
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false