Explicámosche as opcións de voos e de reserva que tes á túa disposición

As viaxes en avión teñen a súa complexidade. Google Voos colabora con máis de 300 compañías aéreas, axencias de viaxes en liña e intermediarios para axudarche a decidir como chegar ao teu destino e como comprar o billete.Queremos que teñas todo o que necesitas para tomar esa decisión e, para iso, compartimos moita información dos nosos socios. Nalgúns casos, podemos enumerarche varias compañías aéreas ou outras entidades para un único voo ou tramo; noutros, pode que as opcións de reserva non sexan as que esperabas. A continuación, explicámosche uns cantos conceptos para axudarche a desenvolverte durante a busca de voos:

  • Códigos compartidos: moitas compañías aéreas asinan acordos para compartir códigos con outras, de tal xeito que varias aeroliñas poidan vender os billetes correspondentes a un único voo. A compañía aérea que opera o avión chámase "compañía operadora" e calquera outra que poida vender billetes para ese voo é unha "compañía comercializadora". Cando buscas voos en Google, podes facer clic na vista detallada de calquera ruta para obter información sobre as compañías operadoras e comercializadoras. Os acordos para compartir códigos quedan reflectidos mediante o texto "O billete tamén se vende en…", que serve para indicar as compañías comercializadoras do itinerario seleccionado.  
  • Interlineais: as compañías aéreas tamén poden asinar acordos interlineais con outras, de tal forma que un consumidor poida reservar a través dunha única aeroliña un itinerario completo que, en realidade, consta de billetes de dúas ou máis compañías. Se os resultados da túa busca de voos inclúen varias aeroliñas en cada itinerario e non tes que facer reservas por separado a través de cada compañía aérea, probablemente esteas ante un caso de acordo interlineal.
  • Interlineais virtuais: un interlineal virtual é unha combinación de voos de compañías distintas sen acordos interlineais nin para compartir códigos. Polo xeral, nos interlineais virtuais, tamén coñecidos como voos de autoconexión, os pasaxeiros teñen que recoller e volver facturar a equipaxe durante as escalas, rexistrarse para cada voo por separado e renunciar ás vantaxes da comunicación entre as compañías aéreas. Así e todo, estas combinacións tamén poden aumentar as túas opcións de voos ou ofrecer prezos baixos. Algunhas das axencias de viaxes en liña asociadas a Google ofrecen a opción de reservar interlineais virtuais, algo que indicamos co texto "Billetes independentes reservados xuntos".
  • Divulgación de información operativa: ás veces, un voo pode estar operado por unha entidade que non é unha compañía aérea (ou que non é unha aeroliña que lles vende billetes aos consumidores). Neste caso, pode que vexas a indicación "Avión e tripulación de [outra entidade]" nos detalles do voo.
  • As compañías aéreas e as axencias de viaxes en liña teñen as súas propias normas. Polo xeral, unha vez que escollas os voos que queres en Google, facilitaráseche polo menos unha ligazón para reservar ese itinerario a través dunha das compañías aéreas ou axencias de viaxes en liña asociadas a Google. Ás veces, pode que teñas moitas opcións para facer a reserva. Pode que vexas varias aeroliñas (por exemplo, se o voo está asociado a un acordo para compartir códigos) ou diversas axencias de viaxes en liña, no caso de que poidan venderche o billete en cuestión.Noutras ocasións, aínda que exista un determinado voo, os socios poden ter normas que nos impidan facilitarche unha ligazón ao seu sitio web. O noso obxectivo é axudarche a reservar o itinerario que desexas e asegurarnos de que saibas cales son as opcións que tes á túa disposición.
Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
703844738472332963
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false