Centro de privacidade das aplicacións Gemini

Última actualización: 30 de xaneiro de 2026

Table of contents

Aviso de privacidade das aplicacións Gemini

Última actualización: 30 de xaneiro de 2026

Este aviso complementa a Política de privacidade de Google e explica como trata Google os teus datos cando interactúas con Gemini, o teu asistente de IA persoal de Google, a través dos servizos que aparecen nesta lista (os termos "aplicacións Gemini" e "Gemini" úsanse para abreviar). Na Política de privacidade de Google explícase como trata Google os teus datos cando usas Gemini sen ter a sesión iniciada.

Google Ireland Limited proporciona as aplicacións Gemini no Espazo Económico Europeo e en Suíza, mentres que Google LLC as fornece no resto de lugares. A continuación, referímonos a ambas empresas como "Google".

Que datos se recompilan?

Información que lle facilitas ás aplicacións Gemini

Información que recompilamos cando usas as aplicacións Gemini

  • Contido que xeran as aplicacións Gemini (como texto, código, audio, imaxes, vídeo, ligazóns públicas, citas, resumos de chats e estatísticas personalizadas)
  • Información das túas aplicacións, navegadores e dispositivos
    • Información das túas aplicacións conectadas e doutros servizos de Google que usas coas aplicacións Gemini (por exemplo, o teu historial da Busca ou de YouTube, ou o contexto da túa páxina e o URL de Chrome)
    • Información sobre as aplicacións, os navegadores e os dispositivos que usas para acceder ás aplicacións Gemini (como son os identificadores, o tipo e a configuración do navegador e do dispositivo ou o sistema operativo)
    • Interacción das túas aplicacións, navegadores e dispositivos coas aplicacións Gemini (por exemplo, rexistros de interacción, métricas de rendemento e información de fallos e depuración)
    • Permisos do sistema e datos do dispositivo cando usas as aplicacións Gemini para móbiles, como os rexistros de chamadas e mensaxes, os contactos (para axudarche a comunicarte), as aplicacións instaladas (por exemplo, Reloxo), as preferencias de idioma (para axudarche a falar con Gemini), o contido da pantalla (para axudarche a realizar accións relativas a ese contido) e outra información das aplicacións, por exemplo o contexto da páxina e o URL (cando usas a superposición de Gemini para facer preguntas)
    • Datos do navegador remoto, como as cookies que conteñen a información de autenticación do teu sitio web e as capturas de pantalla ou outro contido da páxina
    • Información sobre o contexto dos servizos e dispositivos que usas con Gemini (por exemplo, os nomes de dispositivos de domótica e as listas de reprodución)
    • Datos sobre as túas interaccións co contido público das aplicacións Gemini
  • Información complementaria: Datos recompilados a través das funcións complementarias das aplicacións Gemini que actives.
  • Información de localización: A zona xeral do teu dispositivo, o enderezo IP ou os enderezos da casa ou do traballo que teñas na túa Conta de Google. Obtén máis información en g.co/privacypolicy/location.
  • Información da subscrición: datos relacionados coa subscrición de pago a Gemini (se a tes).

Como se usan os teus datos?

Google usa estes datos, tal como se describe na nosa Política de privacidade, para o seguinte:

  • Fornecer os nosos servizos
  • Manter e mellorar os nosos servizos
  • Desenvolver novos servizos
  • Personalizar os nosos servizos
  • Personalizar os nosos servizos
  • Comunicarse contigo
  • Medir o rendemento
  • Protexer a Google, os nosos usuarios e o público

Estes usos esténdense aos modelos de IA xenerativa e outras tecnoloxías de aprendizaxe automática que utilizan os nosos servizos.

O equipo de revisión (que inclúe membros procedentes dos nosos fornecedores de servizos) examina algúns dos datos que recompilamos para estes fins. Non inclúas información confidencial que non che interese que vexan os membros do equipo de revisión ou que non queiras que use Google para mellorar os seus servizos, por exemplo as tecnoloxías de aprendizaxe automática.

Como reciben axuda dos servizos de Google as aplicacións Gemini?

  • Valémonos doutros servizos e infraestruturas de Google para ofrecer as aplicacións Gemini. Por exemplo, algunhas respostas de Gemini baséanse nos resultados da Busca.
  • Gemini tamén recibe axuda doutros servizos de Google, como o Asistente de Google. Cando Gemini obtén axuda do Asistente de Google para algunhas accións, aplícanse as opcións de configuración pertinentes do Asistente de Google.
  • Se tes 18 anos ou máis e cambias ás aplicacións Gemini, o teu historial de chamadas ou mensaxes de texto podería importarse desde a túa Actividade web e das aplicacións á túa Actividade nas aplicacións Gemini nalgunhas rexións. Isto axuda a mellorar a túa experiencia coas aplicacións Gemini, por exemplo as suxestións de contactos. Máis información.

Como funcionan as aplicacións Gemini con Aplicacións conectadas?

As aplicacións Gemini funcionan coas Aplicacións conectadas, como as de Google e os servizos de terceiros. Gemini garda e usa a información das Aplicacións conectadas de acordo con este aviso, entre outras cousas, para proporcionar e mellorar as aplicacións Gemini. As aplicacións de Google conectadas gardan e utilizan os teus datos segundo as súas políticas e a Política de privacidade de Google, por exemplo, para ofrecer e mellorar os seus servizos. Se usas as aplicacións Gemini para interactuar con servizos de terceiros, estes tratarán os teus datos de acordo co establecido nas súas políticas de privacidade.

Funcións de audio

As aplicacións Gemini poden activarse accidentalmente (por exemplo, cando se produce un ruído que soa como "Hey Google" ou se as activas sen querer ao tocalas). Se as aplicacións Gemini responden, tratarán a túa entrada como unha activación normal. En función da túa configuración, estes datos úsanse para mellorar os servizos de Google. Entre eles inclúense os modelos de Gemini, outros modelos de IA xenerativa que se usan nas aplicacións Gemini e as tecnoloxías que axudan a reducir as activacións accidentais.

Canvas

Cando interactúas cunha aplicación de Canvas xerada polos usuarios, a persoa que a creou pode ver os datos que compartas e gardalos onde decida. Google ofrece almacenamento para os datos da aplicación de Canvas en Firebase, pero quen creou a aplicación tamén pode gardar os teus datos noutro lugar. Calquera persoa que teña a ligazón pública tamén pode ver e editar os datos gardados coa aplicación. Ten coidado e comparte só datos coas aplicacións de Canvas nas que confíes.

Configuración das opcións

Podes acceder á túa Conta de Google para xestionar os teus datos e a túa privacidade. As aplicacións Gemini tamén ofrecen opcións de configuración que che axudan a xestionar os teus datos e a túa experiencia, por exemplo:

  • Accede á Actividade nas aplicacións Gemini para revisar e eliminar a túa actividade, cambiar o período de eliminación automática e controlar se os teus datos se usan para mellorar a IA de Google. Entre estes servizos inclúense, por exemplo, os modelos de IA xenerativa que se usan nas aplicacións Gemini. As opcións de configuración de Actividade nas aplicacións Gemini non controlan o tratamento dos teus chats para crear datos anonimizados co fin de mellorar os servizos de Google. Aínda que teñas desactivada a opción de configuración Manter actividade, Google seguirá usando os teus chats para responderche e axudar a protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral, mesmo coa axuda dun equipo de revisión.
  • Xestiona os Gems en Xestor de Gems.
  • Xestiona as ligazóns públicas en As túas ligazóns públicas.
  • Xestiona o acceso das aplicacións Gemini a outras aplicacións e datos na configuración das aplicacións.
  • Xestiona a información que lle pediches a Gemini que garde.
  • Xestiona os datos do teu perfil de navegador remoto na opción de configuración Datos do navegador remoto.
  • Learn more about how to manage personalization features, including personalization with past chats and Personal Intelligence.
  • Podes usar Gemini, aloxado na aplicación Google, como asistente do dispositivo en Android. Máis información sobre como xestionar os permisos da aplicación Google (como a localización do dispositivo, o micrófono e os permisos de acceso á cámara).
  • Máis información sobre como xestionar a configuración da aplicación Gemini para móbiles.
  • Máis información sobre como establecer a aplicación Google como a aplicación de asistente dixital predeterminada.

Se cambias a configuración das aplicacións Gemini, as demais opcións de configuración de Google non se verán afectadas. Por exemplo, algunhas opcións de configuración, como Actividade web e das aplicacións ou Historial de localización, poden seguir gardando a localización e máis datos ao usares outros servizos de Google.

Durante canto tempo conservamos os teus datos?

Conservamos os teus datos durante diferentes períodos de tempo, en función de que información é e de como se usa, tal como se explica na Política de privacidade de Google e en Como conservamos en Google os datos que recompilamos

  • Podes cambiar a configuración da eliminación automática en Actividade nas aplicacións Gemini. O período predeterminado é de 18 meses, pero podes escoller entre 3 meses, 36 meses ou indefinido. Tamén podes eliminar manualmente os teus chats das aplicacións Gemini cando queiras.
  • Os chats que revisase o equipo de revisión (así como os datos relacionados con eles, como o teu idioma, o tipo de dispositivo, a localización e os comentarios) non se eliminan ao borrar a túa actividade. Estas conversas gárdanse durante tres anos como máximo.
  • Conservamos algúns datos ata que elimines a túa Conta de Google, como a información sobre a frecuencia coa que usas as aplicacións Gemini.
  • Conservamos algúns datos durante máis tempo cando sexa necesario para fins lexítimos empresariais ou legais, como por cuestións de seguranza, prevención de fraude e abusos ou ben para manter rexistros financeiros.

Máis información sobre os períodos de conservación de datos de Google, como por exemplo o tempo que tardamos en eliminar a túa información.

Solicitude de retirada de contido e exportación da túa información

Podes solicitar a retirada de contido de acordo coas nosas políticas ou as leis aplicables. Tamén podes exportar a túa información.

Outra información útil

  • As aplicacións Gemini están en constante evolución. Poden ofrecer información inexacta ou ofensiva (mesmo sobre persoas) que non representa a postura de Google.
  • Non uses as respostas das aplicacións Gemini como diagnóstico, tratamento nin asesoramento médico, legal, financeiro nin profesional de ningún tipo. O seu resultado só ten fins informativos.
  • Supervisa de preto a navegación de Gemini e interrómpea se é necesario.

Obtén máis información no Centro de privacidade das aplicacións Gemini e na Política de privacidade de Google.

Respecto dos dereitos doutras persoas

Cando uses as aplicacións Gemini, respecta os dereitos das outras persoas e pídelles permiso antes de gravalas nun chat de Live. Carga, xera e edita só o contido para o que teñas dereitos.

Preguntas sobre privacidade

Última actualización: 28 de xaneiro de 2026

Xerais

Que son as aplicacións Gemini?

As aplicacións Gemini ás que se fai referencia no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini e no Centro de privacidade das aplicacións Gemini inclúen as seguintes:

Ás veces as "aplicacións Gemini" tamén se denominan "aplicación Gemini" ou "Gemini". Se tes unha Conta de Google de traballo ou de centro educativo, o uso que fagas das aplicacións Gemini pode estar suxeito a condicións de tratamento de datos diferentes. Learn more in the Generative AI in Google Workspace Privacy Hub.

Como podo opoñerme ao tratamento dos meus datos ou solicitar que se corrixan os datos inexactos que haxa nas respostas das aplicacións Gemini?

As experiencias de modelos LLM (incluídas as aplicacións Gemini) poden alucinar e presentar información inexacta como se fose real.

Segundo algunhas leis sobre privacidade, por exemplo o Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE, é posible que teñas dereito ao seguinte:

  1. Opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais.
  2. Solicitar que se corrixan os datos persoais inexactos que haxa nas respostas das aplicacións Gemini.

Para exercer estes dereitos, podes crear unha solicitude no noso Centro de axuda.

Tamén podes crear unha solicitude directamente nas aplicacións Gemini. Debaixo da resposta da aplicación Gemini, selecciona Máis e despois Informar dun problema legal.

Crear unha solicitude

Recursos adicionais

Para obter máis información sobre como exercer os teus dereitos en relación cos datos que recompilamos, consulta a Política de privacidade de Google e o aviso de privacidade das aplicacións Gemini.

Cales son as bases legais de Google para tratar os datos das aplicacións Gemini segundo a lexislación de protección de datos da Unión Europea (UE) ou do Reino Unido?

Se a lei de protección de datos da Unión Europea (UE) ou do Reino Unido se aplica ao tratamento da túa información, le atentamente o seguinte.

Cando tes a sesión iniciada e usas as aplicacións Gemini, Google trata a túa información para os fins e coas bases legais que se describen a continuación.

Cando facemos referencia á "túa información das aplicacións Gemini" a continuación, referímonos ás categorías de datos que se indican no aviso de privacidade das aplicacións Gemini, que son as seguintes: (i) a información que facilitas ás aplicacións Gemini (como as túas solicitudes e o contido que cargues, as gravacións e as transcricións das túas interaccións con Gemini Live, os teus comentarios e as instrucións para Gemini); (ii) a información que recompilamos cando usas as aplicacións Gemini (como o contido que xeran as aplicacións Gemini, a información das túas aplicacións, navegadores, dispositivos e de Aplicacións conectadas, e os datos dos dispositivos que se recompilan cando usas as aplicacións Gemini para móbiles); (iii) a información que se recompila a través das funcións complementarias das aplicacións Gemini que actives; (iv) a información de localización e (v) a información das túas subscricións.

As bases legais de Google son as seguintes:

  • Cumprimento dun contrato. Tratamos a túa información das aplicacións Gemini e calquera outra información que lles deas permiso para tratar a estas aplicacións, como cando as conectas a outro servizo, de modo que poidamos ofrecer e manter o servizo das aplicacións Gemini que solicitaches segundo as Condicións de servizo de Google. Por exemplo, tratamos a túa información das aplicacións Gemini para responder ás túas consultas e ofrecerche varias funcións e funcionalidades das aplicacións Gemini, como a xeración de vídeos, a edición de imaxes e o uso de accións de pantalla para chatear con Gemini.
  • Os intereses lexítimos de Google e de terceiros, con garantías adecuadas para protexer a túa privacidade.
    • Tratamos os datos procedentes de fontes dispoñibles publicamente e a túa información das aplicacións Gemini para poder ofrecer, manter, mellorar e desenvolver os produtos, servizos e tecnoloxías de aprendizaxe automática de Google.
      • O tratamento desta información para este fin é necesario para os intereses lexítimos de Google e dos nosos usuarios e usuarias á hora de facer o seguinte:
        • Ofrecer, manter e mellorar os nosos servizos para satisfacer as necesidades das nosas usuarias e usuarios (por exemplo, usar os chats para mellorar os modelos e as respostas das aplicacións Gemini en canto a seguranza e precisión).
        • Desenvolver novos produtos e funcións que sexan útiles para os nosos usuarios e usuarias (por exemplo, aprender a redirixir as solicitudes aos novos modelos que mellor se adapten para responder unha pregunta en particular ou adestrar novos modelos para xestionar estas solicitudes).
        • Entender como se utilizan os nosos servizos para garantir e mellorar o seu rendemento (por exemplo, xerar métricas para saber como se usan as aplicacións Gemini e así poder adaptar mellor a experiencia do usuario).
        • Personalizar os nosos servizos para ofrecer unha mellor experiencia (por exemplo, usar a túa información de localización e as túas conversas anteriores para que as aplicacións Gemini ofrezan respostas máis relevantes).
    • Tamén tratamos a túa información das aplicacións Gemini para manter a funcionalidade, a seguranza e a fiabilidade das aplicacións Gemini (por exemplo, mediante a detección, a prevención e a resposta a fraudes, usos inadecuados, riscos para a seguranza e problemas técnicos que poidan afectar a Google, ás nosas usuarias e usuarios ou ao público).
      • O tratamento desta información para este fin é necesario para os intereses lexítimos de Google, dos nosos usuarios e usuarias, e do público á hora de facer o seguinte:
        • Detectar, evitar ou solucionar problemas técnicos, de uso inadecuado, de fraude ou de seguranza relacionados cos nosos servizos (por exemplo, corrixir erros e solucionar fallos).
        • Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguranza de Google, das nosas usuarias e usuarios ou do público en xeral na medida esixida ou permitida pola lexislación aplicable (por exemplo, actualizando os clasificadores de seguranza e os filtros de modelos).
        • Realizar investigacións que melloren os nosos servizos para os usuarios e usuarias e que beneficien o público.
        • Executar reclamacións legais, entre as que se inclúen a investigación de potenciais infraccións das Condicións de servizo aplicables (por exemplo, revisar a actividade sospeitosa e as interaccións que se marcaron como problemáticas).
      • O tratamento desta información para este fin tamén é necesario para os intereses lexítimos de Google e dos nosos socios comerciais a fin de cumprir as obrigas que temos cos nosos socios, como os programadores e os titulares de dereitos (por exemplo, atender as solicitudes de retirada dos titulares de dereitos de propiedade intelectual).
    • Para responder á túa solicitude (por exemplo, para resumir un correo electrónico dun contacto específico), tratamos datos persoais doutras persoas que lles facilitaches ás aplicacións Gemini (por exemplo, cando lles pides ás aplicacións Gemini que recuperen información de Google Workspace ou de Google Fotos).
  • Obrigas legais. Tamén tratamos a túa información das aplicacións Gemini para cumprir coa lexislación, cos regulamentos, cos procesos legais ou coas solicitudes gobernamentais aplicables (por exemplo, se recibimos unha solicitude legal de información dunha autoridade gobernamental).
  • O teu consentimento. Cando usas certas funcións, como Voice Match, ou cando permites que Google use as túas gravacións de audio e de Live para mellorar os seus servizos para todo o mundo, dependemos do teu consentimento. Nos casos nos que dependamos do teu consentimento para tratar a información, terás dereito a retiralo cando queiras.
Usades os meus chats das aplicacións Gemini para mostrarme anuncios?

Os teus chats nas aplicacións Gemini non se usan para mostrarche anuncios. Se isto cambia, comunicarémoscho claramente.

Se queres obter máis información sobre como protexemos a privacidade e a seguranza dos datos das usuarias e usuarios, consulta os nosos principios de privacidade e seguranza.

Quen ten acceso aos meus chats e como axuda a revisión humana a mellorar Gemini para todo o mundo?

Como axuda a revisión humana a mellorar os servizos de Google e a protexer a plataforma, os usuarios e usuarias, e o público en xeral?

Un subconxunto de chats sométese a unha revisión por parte do noso equipo (que inclúe membros cualificados procedentes dos fornecedores de servizos de Google) para axudar a mellorar os servizos de Google. Entre eles inclúense os modelos de Gemini, outros modelos de IA xenerativa que se usan nas aplicacións Gemini e as tecnoloxías que axudan a reducir as activacións accidentais.

Os membros do equipo de revisión avalían se as respostas das aplicacións Gemini son de baixa calidade, imprecisas ou daniñas. Tamén suxiren mellores respostas. Usamos as súas suxestións para axudar aos nosos modelos a responder mellor no futuro. Os chats tamén se revisan para que Gemini sexa seguro para todo o mundo e para abordar as infraccións das Condicións de servizo de Google, entre elas a Política sobre usos prohibidos da IA xenerativa. Os chats revisados gárdanse durante un máximo de tres anos.

Como protexemos a túa privacidade neste proceso?

Consideramos que a túa privacidade é algo moi serio e non lle vendemos a túa información persoal a ninguén. Os chats desvincúlanse da túa conta antes de enviarse aos fornecedores de servizos.

Como podes controlar o que se comparte cos revisores?

Para impedir que se revisen os teus chats futuros co fin de mellorar os servizos de Google, desactiva a opción de configuración Manter actividade. Se esa opción está activada, non inclúas datos confidenciais nin que non queiras que vexa o equipo de revisión ou que utilice Google para mellorar os seus servizos. Aínda que teñas desactivada a opción de configuración Manter actividade, Google seguirá usando os teus chats para responderche e axudar a protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral, mesmo coa axuda dun equipo de revisión.

Durante canto tempo conserva Google os meus chats temporais e os chats que teño cando está desactivada a opción Manter actividade? Que fai Google con estes datos?

Google necesita reter estes chats para responderche, axudar a protexer a Google, os nosos usuarios e usuarias, e o público en xeral, así como para procesar os comentarios que decidas facilitar.

Velaquí tes máis información:

Os chats temporais e os que teñas cando a opción Manter actividade estea desactivada conservaranse na túa conta durante 72 horas e utilízanse para o seguinte:

  • Responderche usando como contexto as últimas 24 horas do teu chat.
  • Protexer a Google, os nosos usuarios e usuarias, e o público en xeral. Por exemplo, Google almacena os teus chats coa túa conta durante 72 horas para que estean dispoñibles en caso de que se produza un posible fallo do sistema.

Os chats temporais non se usan para adestrar os modelos de IA de Google. Se tes desactivada a opción Manter actividade e non envías comentarios, Google tampouco utilizará os teus chats futuros para mellorar os seus modelos de IA.

Se a opción Manter actividade está desactivada e decides enviar comentarios, Google recompila e usa os seguintes datos para axudar a manter e mellorar as aplicacións Gemini:

  • Os teus comentarios.
  • O contexto que nos pode axudar a entender mellor os teus comentarios (por exemplo as últimas 24 horas dos teus chats).
  • Calquera contido que se inclúa neses chats (como as cargas e os datos de Aplicacións conectadas).

Máis información sobre como usa Google os teus comentarios.

Como usa Google os meus comentarios?

Os teus comentarios, calquera contido que se inclúa (como ficheiros ou o teu contido persoal de Aplicacións conectadas), as conversas asociadas (por exemplo, as túas solicitudes e as respostas das aplicacións Gemini) e os datos relacionados contan coas seguintes características:

  • Revísanos equipos con preparación especial. A revisión humana é necesaria para axudar a identificar, tratar e informar dos posibles problemas que se indican nos comentarios. Nalgúns casos, esíxeo a lei.
  • Úsanse de acordo coa Política de privacidade de Google. Google usa estes datos para ofrecer, mellorar e desenvolver os seus produtos, servizos e tecnoloxías de aprendizaxe automática. Isto explícase con máis detalle na nosa Política de privacidade.
    • Por exemplo, usamos estes datos para que as aplicacións Gemini sexan máis seguras. Axúdannos a detectar e evitar solicitudes ou respostas que non son seguras no futuro.
  • Consérvanse durante un máximo de 3 anos. Os comentarios revisados, as conversas asociadas e os datos relacionados consérvanse durante un máximo de 3 anos, desvinculados da túa Conta de Google.

Máis información sobre como enviar comentarios ou informar dun problema coas aplicacións Gemini.

Que controla a opción Manter actividade?

Se a opción de configuración Manter actividade está activada, ocorre o seguinte:

Os teus chats e o que compartas con Gemini (por exemplo, ficheiros, vídeos, pantallas e fotos) gardaranse na túa actividade.

Entre a actividade que se garda tamén se inclúen audios, gravacións e transcricións das túas interaccións con Gemini Live, os teus comentarios, detalles dos sitios web que visitas con Gemini, datos de uso do produto e información de localización (por exemplo, a localización xeral do teu dispositivo, o teu enderezo IP, ou os enderezos da casa ou do traballo que teñas na túa Conta de Google).

Como se usa a túa actividade?

Google utiliza a túa actividade para proporcionar, desenvolver e mellorar os seus servizos (como o adestramento de modelos de IA xenerativa), así como para protexer a plataforma, as persoas que a utilizan e o público en xeral (coa axuda dun equipo de revisión). Os datos revisados por fornecedores de servizos desvincúlanse da túa conta e gárdanse durante 3 anos. De forma predeterminada, as túas gravacións de audio e de Gemini Live non se usan para mellorar os servizos de Google. En función da configuración e da rexión que teñas definidas, Google tamén usa a túa actividade para personalizar a túa experiencia.

Ti tes o control

A túa actividade elimínase automaticamente ao cabo de 18 meses. Podes cambiar esta opción para que os datos se borren pasados 3 ou 36 meses, ou ben escoller que non se eliminen de xeito automático. Podes desactivar esta opción de configuración ou revisar e eliminar a túa actividade en calquera momento na opción Actividade nas aplicacións Gemini.

Importante

  • As aplicacións Gemini están deseñadas para agardar en modo de espera ata que se activen (por exemplo, cando detectan "Hey Google"). No entanto, as gravacións poden comezar uns segundos antes de que se produza a activación.
  • Gemini pode activarse por accidente (por exemplo, se detecta algún ruído semellante a "Hey Google"). As transcricións destas gravacións tamén se empregan co obxectivo de tentar reducir as activacións accidentais para todo o mundo.
  • A activación desta opción de configuración restaura o acceso de Gemini ás aplicacións conectadas con anterioridade.

Se a opción de configuración Manter actividade está desactivada, ocorre o seguinte:

A partir de agora, os chats nos que participes non se mostrarán na túa actividade nin se utilizarán para adestrar os nosos modelos de IA, a menos que decidas enviarlle comentarios a Google. Con todo, os futuros chats gardaranse durante 72 horas para que Gemini poida responderche, procesar os teus comentarios e protexer a Google, as persoas que utilizan Google e o público en xeral.

Importante

  • Se eliminas a túa actividade, os chats anteriores xa revisados polos fornecedores de servizos non se eliminarán porque non están conectados á túa Conta de Google. Estas conversas gárdanse durante un máximo de 3 anos.
  • Algunhas aplicacións conectadas non estarán dispoñibles se esta opción de configuración está desactivada.
  • Outras opcións, como Actividade web e das aplicacións ou Historial de localización, poden seguir gardando a localización e outros datos ao usares outros servizos de Google.
  • Ao desactivar a opción Manter actividade ou eliminar a actividade nas aplicacións Gemini non se eliminan os datos doutros servizos de Google. Obtén máis información sobre como conservan os datos os servizos de Google.

Podes xestionar esta opción de configuración cando queiras.

Como podo controlar se Google usa as miñas gravacións de audio e de Live para mellorar os seus servizos?

Podes permitir que Google use as túas gravacións de audio e de Live para mellorar os seus servizos para todo o mundo en Actividade nas aplicacións Gemini.

Se activas esta opción de configuración, ocorrerá o seguinte:

Google usa as túas gravacións de audio e de Gemini Live (que inclúen os audios, os vídeos e as pantallas compartidas) para mellorar e desenvolver os nosos servizos (por exemplo, adestrar os modelos de IA xenerativa). Inclúense as gravacións que xa se almacenasen na opción Actividade nas aplicacións Gemini, así como as futuras gravacións.

Algunhas sométense a revisión por parte de membros do noso equipo. Co fin de protexer a túa privacidade, as gravacións que se envían a fornecedores de servizos non están conectados coa túa Conta de Google.

Importante

  • As aplicacións Gemini están deseñadas para agardar en modo de espera ata que se activen (por exemplo, cando detectan "Hey Google"). No entanto, as gravacións poden comezar uns segundos antes de que se produza a activación.
  • Gemini pode activarse por accidente (por exemplo, se detecta algún ruído semellante a "Hey Google"). Estas gravacións tamén se empregan co obxectivo de tentar reducir as activacións accidentais para todo o mundo.
  • Se usas Gemini con Voice Match, utilízase temporalmente un modelo da túa voz para mellorar Voice Match.

Ti tes o control

Podes desactivar esta opción de configuración ou xestionar e eliminar o teu audio e as gravacións de Live en calquera momento.

Se desactivas esta opción de configuración, ocorrerá o seguinte:

A partir de agora, as túas gravacións de audio e de Gemini Live non se usarán para mellorar os nosos servizos (entre os que se inclúen os modelos de IA), a menos que decidas enviarlle comentarios a Google.

Importante

  • As túas gravacións de audio e de Gemini Live seguirán usándose para responderche e axudar a facer que Gemini sexa seguro.
  • As transcricións dos teus chats de Live e calquera outro ficheiro, imaxe e vídeo de YouTube que compartas con Live pódense xestionar desde a opción de configuración Manter actividade, que podes desactivar cando queiras.
Como usan as aplicacións Gemini a miña información e instrucións gardadas?

As aplicacións Gemini utilizan a túa información e as túas instrucións para ofrecerche respostas máis personalizadas. Estes datos permanecerán gardados ata que decidas eliminalos. Podes deixar de gardar información e instrucións cando queiras. Máis información.

Como podo controlar se as aplicacións Gemini usan os meus chats anteriores para personalizar a miña experiencia?

Fóra do Espazo Económico Europeo, Suíza e o Reino Unido, Gemini personaliza a túa experiencia consultando os teus chats en Actividade nas aplicacións Gemini e usándoos para xerar estatísticas personalizadas. Podes desactivar a personalización baseada nos teus chats anteriores con Gemini cando queiras. A opción Manter actividade debe estar activada para que poidas usar esta función.

Se esta función está activada, sucederá o seguinte:

  • Gemini pode usar a información confidencial que facilitaches nos teus chats para personalizar a túa experiencia.
  • Podes iniciar un chat temporal para falar de información que non queres que Gemini lembre nin use para personalizar a túa experiencia.
  • Para evitar que Gemini use a información dun chat anterior para personalizar a túa experiencia, elimina ese chat.
Como trata Google os meus datos cando uso as aplicacións Gemini sen ter a sesión iniciada?

Cando usas as aplicacións Gemini sen ter a sesión iniciada, Google trata os teus datos (como o teu enderezo IP e o tipo de navegador) segundo o estipulado na Política de privacidade de Google. Os teus datos non están asociados á túa conta de Google. Non se aplica o Aviso de privacidade das aplicacións Gemini.

Información sobre a localización e outros permisos

Que información de localización recompilan as aplicacións Gemini, por que e como se usa?

Os datos de localización sempre se recompilan cando usas as aplicacións Gemini para poder ofrecerche unha resposta relevante para a túa consulta. Por exemplo, para responder a solicitudes como "Que tempo fai?", as aplicacións Gemini necesitan saber a túa localización.

De onde proceden os datos de localización das aplicacións Gemini e como se usan?

A fonte dos datos de localización que recompilan as aplicacións Gemini varía. De forma predeterminada, as aplicacións Gemini usan a zona xeral obtida a partir do teu enderezo IP, ou ben dos enderezos particular ou do traballo que figuren na túa Conta de Google, para ofrecerche respostas relevantes a solicitudes como "Que tempo fai?".

Co teu permiso, as aplicacións Gemini tamén tratan os datos de localización precisa do teu dispositivo. Por exemplo, estas poden usar a túa localización precisa para responder con máis exactitude a solicitudes como "Onde está a cafetaría máis próxima?". Gemini tamén pode recibir datos de localización precisa doutro servizo de Google, como Google Maps, aínda que a opción de configuración de localización precisa estea desactivada na aplicación Google

Google usa os teus datos de localización, entre os que se inclúen os teus datos de localización precisa, para os fins e en función das bases legais que se describen no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Podes obter máis información sobre os datos de localización en g.co/privacypolicy/location.

As aplicacións Gemini poden compartir os teus datos de localización precisa con outro servizo de Google, por exemplo Google Maps, para atender a túa solicitude. O servizo de Google que recibe os teus datos de localización úsaos de acordo coa Política de privacidade de Google.

Gemini pode recibir a túa localización precisa doutro servizo de Google, por exemplo Google Maps, para atender a túa solicitude aínda que a opción de configuración de localización precisa estea desactivada na aplicación Google.

Como se almacenan os datos de localización?

  • A localización precisa que se trata co teu permiso desde o teu dispositivo ou navegador non se almacena na túa actividade nas aplicacións Gemini.
  • Os datos de localización que tratan as aplicacións Gemini convértense nunha zona xeral antes de almacenarse coa túa actividade nas aplicacións Gemini. Unha zona xeral ten máis de 3 quilómetros cadrados e polo menos 1000 usuarios e usuarias, de tal forma que non se te poida identificar cando crees unha solicitude, o que contribúe a protexer a túa privacidade. Isto significa que unha zona xeral adoita ter moito máis de 3 quilómetros cadrados fóra das cidades.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Podes facer o seguinte en calquera momento:

Cousas que convén saber

Os datos de localización almacénanse nos teus chats se forman parte das túas solicitudes ou respostas (por exemplo, se lle preguntas ás aplicacións Gemini sobre restaurantes preto de ti e a resposta fai referencia á túa cidade). Podes xestionar e eliminar a túa actividade nas aplicacións Gemini cando queiras.

Como sei se as aplicacións Gemini teñen acceso á miña localización precisa e a están usando?

Comproba se as aplicacións Gemini teñen acceso á túa localización precisa e a están usando. 

Como comprobalo?

Gemini pode recibir os teus datos de localización precisa doutro servizo de Google, como Android Auto, para atender a túa solicitude aínda que as opcións de configuración de localización precisa mencionadas arriba estean desactivadas.  Máis información sobre como desactivar a localización precisa en Android Auto.

Gemini en Mensaxes de Google

Gemini en Mensaxes de Google non ten acceso á túa localización precisa. Consulta onde está dispoñible Gemini en Mensaxes de Google.

Obtén máis información sobre a túa localización e como xestionala.

Onde se gardan os meus datos cando Gemini e o Asistente de Google funcionan conxuntamente?
Cando Gemini e o Asistente de Google funcionan conxuntamente na aplicación Gemini para móbiles, a túa actividade gárdase en Actividade nas aplicacións Gemini (se a opción de configuración Manter actividade está activada) e úsase tal e como se describe no aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Cando o Asistente de Google impulsa funcións ou dispositivos fóra da aplicación Gemini para móbiles, a túa actividade gárdase en Actividade web e das aplicacións (se está activada). Máis información sobre como funciona o Asistente de Google cos teus datos.
Como xestiono os permisos do móbil cando Gemini é o asistente do dispositivo?

Aplicación Gemini para móbiles (en Android)

Gemini está aloxado na aplicación Google, mesmo se descargas a aplicación Gemini . Gemini e a aplicación Google poden usar varias funcións e capacidades do teu dispositivo (por exemplo, a cámara, o micrófono, os contactos ou a localización) en función dos teus permisos da aplicación Google. Para revisar e xestionar estes permisos, sigue estes pasos:

  1. Mantén premida a aplicación Google Google Search.
  2. Toca Información da aplicación e despois Permisos.
  3. Para cambiar a configuración dun permiso, tócao e escolle Permitir ou Non permitir.

Cargas

Como usa Google as imaxes que cargo?

Como funcionan as imaxes nas solicitudes?

Podes incluír unha imaxe coa túa solicitude para facerlle preguntas a Gemini sobre ela, editala ou usala para xerar outro contido (como un vídeo). Cando engades unha imaxe á túa solicitude ou unha captura de pantalla mediante unha acción da pantalla, por exemplo "Fai preguntas sobre esta pantalla", as aplicacións Gemini tamén usan a tecnoloxía de Google Lens para entender o contido da imaxe e ler o texto. Google usa esta información como calquera outra solicitude, tal como se explica no aviso de privacidade das aplicacións Gemini.

Que ocorre cando comparto unha foto ou un vídeo de Google Fotos coas aplicacións Gemini?

Se compartes unha foto ou vídeo de Google Fotos coas aplicacións Gemini, a túa foto ou vídeo tratarase de conformidade co aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Isto significa, por exemplo, que se usas as accións da pantalla ou a función de carga de Gemini para compartir unha foto ou vídeo de Google Fotos coas aplicacións Gemini e tes activada a opción de configuración Manter actividade, a túa foto ou vídeo utilizarase para mellorar os servizos de Google coa axuda do equipo de revisión. Máis información sobre a opción de configuración Manter actividade.

Aplicacións conectadas en Gemini

Que ocorre cos meus datos que intercambian Gemini, Aplicacións conectadas e outros servizos?

Gemini pode usar as aplicacións conectadas e outros servizos para ofrecerche axuda personalizada, atopar información e axudarche a realizar máis tarefas. Por exemplo, se te conectas a Google Workspace ou Google Fotos, podes usar Gemini para buscar información nos teus correos electrónicos ou fotos. Se pides recomendacións sobre voos e hoteis, Gemini pode usar a información dispoñible publicamente de Google Voos e de hoteis en Google para ofrecerche axuda personalizada.

Que datos se comparten?

Os datos compartidos entre Gemini e Aplicacións conectadas, ademais doutros servizos de Google, inclúen o seguinte:

  • Información dos teus chats con Gemini
  • Información sobre o teu dispositivo e as túas preferencias (como o idioma)
  • Información sobre a túa localización
  • Información e contido das túas aplicacións conectadas (como correos electrónicos, ficheiros, eventos, fotos e vídeos)

Como se usan os teus datos?

Gemini usa os datos de Aplicacións conectadas segundo o estipulado no Aviso de privacidade das aplicacións Gemini; por exemplo, para ofrecerche axuda personalizada, atopar información para ti e axudarche a sacar adiante máis tarefas. Se cumpres certos requisitos necesarios e activas a personalización con determinadas aplicacións conectadas, Google tamén usará os datos desas aplicacións para personalizar a túa experiencia en Gemini.

Os datos que Gemini comparte con outros servizos de Google utilízanse de acordo coa Política de privacidade de Google (por exemplo, para a mellora de produtos). As aplicacións de terceiros usan os datos de Gemini de acordo coas súas propias condicións e políticas de privacidade.

Como xestionar as túas aplicacións conectadas?

Podes conectar e desconectar aplicacións na configuración de Aplicacións conectadas. Obtén máis información sobre como controlar con que aplicacións funciona Gemini.

Algunhas aplicacións conectadas, como Teléfono, Mensaxes, WhatsApp e Utilidades, están dispoñibles no teu dispositivo móbil Android tanto se a opción Manter actividade está activada como se está desactivada. Nestes momentos, outras aplicacións conectadas, como Google Workspace, non están dispoñibles se desactivas Manter actividade. Se volves activar Manter actividade, restaurarase o acceso de Gemini ás aplicacións conectadas con anterioridade.

Desconectar aplicacións e eliminar datos

Información útil

Se lles pides ás aplicacións Gemini que cambien algún contido compartido ou controlen dispositivos compartidos noutros servizos, calquera persoa que teña acceso ao contido ou dispositivo compartido podería ver esas accións.

Como podo permitir que Gemini personalice a miña experiencia cos meus datos de Aplicacións conectadas?

Os usuarios que cumpran os requisitos para utilizar a función Intelixencia personalizada poden conectar algunhas aplicacións de Google a Gemini para gozar de novas experiencias máis personalizadas que antes non estaban dispoñibles en Gemini a través de Aplicacións conectadas. Obtén máis información sobre a personalización cos teus datos de Aplicacións conectadas.

Como se usan os meus datos para facer chamadas e enviar mensaxes con aplicacións conectadas en Gemini?

Que datos se recompilan e tratan?

Cando usas as aplicacións conectadas en Gemini para axudarche a facer chamadas ou enviar mensaxes, as aplicacións Gemini para móbiles recompilan e tratan o seguinte:

  • Actividade nas aplicacións Gemini (se está dispoñible)
  • Rexistros de chamadas e mensaxes do dispositivo
  • Información de contacto
  • Información e configuración do dispositivo

Se antes usabas o Asistente de Google para facer chamadas ou enviar mensaxes, poderían importarse ata 90 días do teu historial de solicitudes de comunicacións gardadas do Asistente de Google (por exemplo, "Envíalle unha mensaxe a Serxio") desde a túa Actividade web e das aplicacións á túa Actividade nas aplicacións Gemini. Obtén máis información sobre como reciben axuda dos servizos de Google as aplicacións Gemini.

Como se usan os datos?

Para facer chamadas ou enviar mensaxes coas aplicacións conectadas, as aplicacións Gemini para móbiles usan os teus datos para o seguinte:

  1. Escoller a aplicación de mensaxaría ou chamadas máis útil.
  2. Axudarche a conectar coa persoa adecuada.

As mensaxes que crees e envíes coa aplicación Gemini non estarán encriptadas de extremo a extremo por Google.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Importante: As opcións de configuración do Asistente de Google, como as do Asistente na pantalla de bloqueo, non se aplican ás aplicacións conectadas a Gemini.

Gemini Agent

How does Gemini Agent use my data with the remote browser?

When you use the experimental Gemini Agent feature, Gemini may use a remote browser to help complete your tasks. This feature is only available when Keep Activity is on. Learn more about eligibility.

What data is collected & processed

When using the remote browser, Gemini Agent collects and processes information from your browser session, like cookies that contain your website authentication info and screen captures or other page content. Gemini Agent uses this data to make it easier for you to use the remote browser in future chats and consistent with the Gemini Apps Privacy Notice. You can delete this data at any time in your Remote Browser Data setting.

What data is shared when using the remote browser

To fulfill your requests, Gemini Agent may share info from your chat with the remote browser and websites you interact with. If you used a Connected App in the chat, shared chat info may include data and content from that Connected App.

How to control & manage your data

Supervise Gemini Agent closely and interrupt it by selecting Stop in the prompt text box or Take Control in the remote browser. Learn how to take control of Gemini’s browser.

You can delete remote browser data in your Remote Browser Data setting. This will sign you out of all sites you visited with the remote browser.

Gemini Live

Como usa Google os datos de Gemini Live?

As gravacións e transcricións das túas interaccións con Gemini Live, así como outros contidos que compartas con Gemini Live, trátanse segundo o establecido no aviso de privacidade das aplicacións Gemini e almacénanse na Actividade nas aplicacións Gemini se tes activada a opción de configuración Manter actividade. Podes xestionar e eliminar a túa actividade nas aplicacións Gemini cando queiras.

Se a opción Manter actividade está desactivada, os teus chats de Gemini Live almacenaranse na túa Conta de Google durante un máximo de 72 horas para que Google poida ofrecer o servizo e procesar os comentarios. Máis información.

Transcricións de Gemini Live

Se a opción Manter actividade está activada, as transcricións dos teus chats de Live úsanse para mellorar os servizos de Google, entre os que se inclúen os modelos de IA. Máis información sobre a opción de configuración Manter actividade.

Gravacións de Gemini Live

De forma predeterminada, as gravacións de Gemini Live (por exemplo, audios, vídeos e pantallas compartidas) non se utilizan para mellorar os servizos de Google. Máis información sobre como cambiar esta opción en calquera momento.

Lembra respectar a privacidade doutras persoas e pídelles permiso antes de gravalas ou de incluílas nun chat de Live.

Máis información sobre como usar Gemini Live.

Gemini en Chrome

Que ocorre cos meus datos cando uso Gemini en Chrome?

Cando usas a función Gemini en Chrome, Gemini recompila e procesa o contido da páxina e o URL da pestana actual, así como de calquera outra pestana que compartises coa función. Se usas Gemini en Chrome para atopar páxinas que visitaches en Chrome, Gemini tamén recompilará os URL relevantes do teu historial. É posible que non vexas parte do contido da páxina que usa Gemini.

Como se almacenan os datos?

A información dos sitios web que visites coa función Gemini en Chrome, así como os audios e ficheiros que compartas con ela, gardaranse en Actividade nas aplicacións Gemini se tes activada a opción de configuración Manter actividade. O contido da páxina rexistrarase temporalmente na túa Conta de Google e non aparecerá na túa actividade nas aplicacións Gemini.

Como controlar e xestionar os teus datos?

Podes deixar de compartir a pestana actual e calquera outra pestana aberta que compartises con Gemini. Máis información.

Compras

Que ocorre cos meus datos cando uso Google Pay en Gemini?

Cando usas Google Pay para facer compras en Gemini, o historial de transaccións gárdase na túa actividade de Google Pay e úsase de acordo co Aviso de privacidade de Google Payments e coa configuración da túa actividade de Google Pay. 

Como controlar e xestionar os teus datos? 

Podes revisar o teu historial de pedidos en Gemini cando queiras na sección Compras, en As miñas cousas.

Podes consultar o historial de transaccións e xestionar os teus pedidos cando queiras na aplicación ou no sitio web de Google Pay.

Máis información sobre como che pode axudar Gemini a facer compras. 

Gems de Google Labs

Que ocorre cos meus datos cando interactúo con Gems de Google Labs?

Agora podes acceder aos Gems de Google Labs e atopalos nas aplicacións Gemini ou en opal.google.

Os Gems de Google Labs son fluxos de traballo personalizados agrupados en miniaplicacións de IA que podes crear, editar e compartir. Cando interactúas cos Gems de Google Labs, estás usando Opal, un experimento de Google Labs.

Importante: Opal, un experimento de Google Labs, non forma parte das aplicacións Gemini. Isto significa que os datos desta experiencia non aparecen na túa actividade nas aplicacións Gemini e non están controlados pola configuración de aplicacións conectadas de Workspace de Gemini. Non se aplica o Aviso de privacidade das aplicacións Gemini. Os teus datos de Opal, incluídos os comentarios que envíes, trataranse segundo o estipulado na Política de privacidade de Google.

Como se almacenan os datos?

As xemas de Google Labs que crees, as túas interaccións con elas e o contido multimedia (audio, imaxes, documentos) que cargues almacenaranse no cartafol Opal do teu Google Drive.

Como podes controlar e xestionar os teus datos, incluída a eliminación dos teus Gems de Google Labs?

Podes eliminar Gems de Google Labs no xestor de Gems da aplicación web Gemini ou no cartafol Opal de Google Drive. Tamén se eliminará o historial de interaccións asociado ao Gem de Google Labs.

Máis información sobre Gems de Google Labs.

Canvas

Que ocorre cos meus datos cando interactúo coas aplicacións web de Canvas?

Cando interactúas con aplicacións de Canvas xeradas polos usuarios, calquera persoa que teña a ligazón pública pode ver os datos que compartas.

Como se almacenan os datos?

Google ofrece a opción de que as aplicacións de Canvas almacenen os datos das usuarias e usuarios de forma permanente en Firebase. Quen crea as aplicacións pode decidir usar esta opción, pero tamén pode almacenar os teus datos de interacción noutros lugares (ou non almacenalos).

Como controlar e xestionar os teus datos?

Ten coidado e interactúa só coas aplicacións nas que confíes. Unha vez que compartes datos cunha aplicación de Canvas, non tes a opción de eliminalos, pero si a ten a persoa que creou a aplicación.

Condicións de servizo

Que condicións se aplican ao uso das aplicacións Gemini?

As aplicacións Gemini están suxeitas ás Condicións de servizo de Google e á Política sobre usos prohibidos da IA xenerativa.

Se resides en Corea, tamén aceptas que o uso que fagas das aplicacións Gemini estará suxeito ás Condicións do servizo de localización de Corea.

Recursos relacionados

Máis recursos sobre as aplicacións Gemini para móbiles

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Aplicacións de Google
Menú principal
14820488039672897140
true
Buscar no Centro de axuda
false
true
true
true
true
true
5295044
false
false
false
false