Search Images Maps Play YouTube News Gmail Drive More »
Sign in

YouTube Accounts

Signing up

Verificación a través do teléfono móbil

Cando te rexistras para obter unha conta de YouTube, é posible que se che solicite un número de teléfono móbil para a verificación da conta. A continuación indícanse algúns preguntas frecuentes relacionadas co rexistro e a introdución dun número de teléfono para a verificación da conta.

Fai clic na información que se amosa debaixo para ampliar os temas e obter máis información:

Non teño teléfono móbil. Podo rexistrarme para obter unha conta de YouTube?

Cando te rexistras para obter nunha conta de YouTube, é posible que se che solicite un teléfono móbil para verificar a túa identidade. Enviarémosche un código de verificación por SMS, así que asegúrate de que o teléfono que utilizas ten a función de mensaxería de texto. Se non tes un teléfono móbil e se che solicita que insiras o teu número de teléfono, podes preguntarlle a un amigo se podes utilizar o seu número para recibir un código.

Por que se me solicita que proporcione un número de teléfono móbil?

Solicitamos a algúns usuarios que verifiquen a súa identidade por SMS antes de que poidan crear contas, co obxectivo de protexer aos nosos usuarios e combater o abuso dos nosos sistemas. Tomamos o correo lixo e o abuso moi en serio, así que hai moitas medidas que adoptamos para bloquear aos usuarios que envían correo lixo e as súas mensaxes. O envío de códigos de verificación a teléfonos móbiles é simplemente un xeito de tratar esta incidencia.

Terei que pagar para recibir a mensaxe?

Suxerímosche que contactes co teu provedor de telefonía móbil para obter máis información sobre os custos asociados coa mensaxería de texto. Estes custos varían dependendo do provedor e do plan sen fíos.

Canto tempo tardarei en recibir a mensaxe?

Normalmente, recibirás unha mensaxe de texto con moita rapidez despois de que se envíe, pero ás veces a entrega pode demorarse. Se pasaron máis de 24 horas e non recibes a mensaxe de verificación, podes solicitar que se reenvíe o código.

Gardarán ou utilizarán YouTube ou Google o meu número de teléfono móbil?

YouTube ou Google utilizarán o teu número de teléfono para enviar un código de verificación nunha mensaxe de texto ao teu teléfono. Gardamos cada número de teléfono para asegurarnos de que non se está a utilizar para crear moitas contas, pero non venderemos a túa información persoal con fins comerciais sen o teu permiso, nin tampouco contactaremos contigo utilizando este número sen o teu permiso expreso. Para obter máis información, consulta a Política de privacidade de Google

Como sei se o meu teléfono pode recibir mensaxes?

Os modelos máis recentes de teléfonos móbiles admiten a función de enviar e recibir mensaxes de texto. Recomendámosche que contactes co teu provedor de telefonía móbil para obter máis información sobre os teus servizos de subscrición.

Por que non está dispoñible este servizo no meu país?

Existen varios países e operadores para as que non proporcionamos este servizo por mor de varias limitacións. Se é posible, podes probar co teléfono dun amigo que teña outro operador.

updated 03/15/2013