Acerca da garantía de prezo en Google Voos

O programa de garantía de prezo é un proxecto piloto dispoñible para determinados itinerarios en Google Voos. Nalgúns voos, os algoritmos de Google confían en que o prezo que atopes sexa o máis baixo dispoñible antes da saída do voo. Supervisaremos o prezo deses billetes ata que saia o primeiro voo do teu itinerario. Se o prezo baixa, reembolsaremos a diferenza.

Ata agora, o programa de garantía de prezo só estaba dispoñible para determinados itinerarios da función Reserva en Google. Así e todo, agora ampliamos o noso programa a algúns itinerarios que podes atopar en Google Voos pero reservar a través do sitio web dunha compañía aérea ou axencia de viaxes.

Para recibir axuda e que esta che resulte o máis útil posible, selecciona o teu método de reserva:

Reservei un itinerario coa función Reserva en Google

Se escolliches un itinerario con garantía de prezo que che permitiu facer a reserva desde Reserva en Google (é dicir, non tiveches que saír de Google para completar a transacción coa compañía aérea ou coa axencia de viaxes), selecciona esta opción.

Canto diñeiro podo recibir cunha garantía de prezo?

O programa de garantía de prezo págache a diferenza entre o prezo que teña o voo cando fagas a reserva e o prezo máis baixo ao que se oferte o billete desde entón ata a saída. Para recibir un pago, a diferenza de prezo debe ser maior de 5 USD. Podes conseguir ata un total de 500 USD por conta de Google e ano natural con todos os itinerarios que cumpran os requisitos pertinentes. Podes ter un máximo de 3 reservas con garantía de prezo pendentes á vez. Unha reserva está pendente cando aínda non saíu o primeiro voo do itinerario. Se se cumpren os requisitos, recibirás un pago unha vez que engale o primeiro voo do itinerario que reservases.

Como podo obter a garantía de prezo?

Importante:

  • Debes establecer os EUA como o teu país ou rexión e seleccionar USD como moeda para poder ver os voos garantidos.
  • A garantía de prezo aplícase unicamente aos voos de só ida ou de ida e volta que saian dos Estados Unidos.
  • Na páxina Reserva en Google debes indicar un enderezo de facturación e un número de teléfono dos EUA.
  • Cómpre que teñas a sesión iniciada na túa Conta de Google.

A garantía de prezo está dispoñible só para voos nos que estamos seguros de que o prezo non baixará. Estes voos teñen a insignia de prezo de cores cando escolles os voos de ida e os de volta. A garantía de prezo só te afecta se o prezo do voo baixa despois de realizar a reserva e antes da saída do primeiro voo do teu itinerario.

  1. Selecciona un voo coa insignia en Voos de ida.
  2. Selecciona o itinerario coa insignia durante a tramitación da compra.
    • Para que se aplique a garantía de prezo, todos os voos do itinerario en cuestión deben ter a insignia do programa.
  3. Fai clic na ligazón Reserva en Google.
  4. Na páxina Reserva en Google, marca a caixa de verificación situada a carón de Garantía de prezo para aceptar as Condicións de servizo.

Recibirás un correo electrónico de confirmación cando se realice a reserva do voo con garantía de prezo.

Canto tempo dura?

A garantía de prezo entrará en vigor despois de facer a reserva en Google. Non obstante, se a compañía aérea actualiza os prezos máis rápido do que estes cargan en Google Voos, é posible que non poidamos ofrecer máis a garantía. Pode que vexas unha garantía de prezo, pero, se o prezo se actualiza antes de facer a reserva, quizais non estea dispoñible a garantía cando formalices a reserva.

Teño que pagar algo pola garantía?

Non. O programa de garantía de prezo non ten custo económico.

Que pasa despois de facer a reserva?

Despois de realizar a reserva, supervisaremos o prezo ata a saída do primeiro voo do teu itinerario. A continuación, enviarémosche un correo electrónico para informarte de se o prezo baixa ou non. Tamén é posible que recibas algún aviso por correo electrónico entre a reserva do voo e a saída deste. Se o prezo baixa, devolverémosche a diferenza en Google Pay. Se o prezo non baixa, podes confiar plenamente en que conseguiches o mellor prezo con Google Voos.

Como se me pagará a diferenza?

Importante:

  • Debes ter polo menos 18 anos.
  • Para reclamar o pago, debes ter ou crear unha conta de Google Pay. Debes ter a sesión iniciada coa mesma conta de Google que utilizaches para reservar o voo a través da función Reserva en Google.
  • Os usuarios de Google Pay están suxeitos ás Condicións de servizo de Google Pay.

Se o prezo baixa, notificarémoscho despois da engalaxe e devolverémosche a diferenza en Google Pay. O ingreso adoita tardar un máximo de 48 horas en figurar na conta.

Se non tes unha conta de Google Pay, debes creala para que poidamos devolverche a diferenza:

  • Fai clic en Reclamar o teu diñeiro (X $) no correo electrónico que che enviamos e crea unha conta de Google Pay dentro dun prazo de 90 días desde a saída do primeiro voo do itinerario. Nun prazo de 48 horas, ingresaremos a diferenza nesa conta, e poderás acceder aos cartos a través das opcións Saldo de Google Pay ou Diñeiro en Google Pay, dispoñibles en wallet.google.com.

Unha vez que vexas os cartos en Saldo de Google Pay ou Diñeiro en Google Pay, poderás transferilos á túa conta bancaria:

  1. Vai a wallet.google.com.
  2. Fai clic en Métodos de pago e despois Diñeiro en Google Pay ou Saldo de Google Pay.
  3. Fai clic en Transferencia saínte.
    • Indica o importe que queres transferir.
    • Selecciona a conta bancaria á que queres transferir o diñeiro.
  4. Fai clic en Transferencia saínte.

Mentres non verifiques a túa identidade, podes transferir ata un total de 200 USD á semana desde o sitio web de Google Pay. Para poder transferir máis diñeiro, debes descargar a aplicación Google Pay e verificar a túa identidade. Máis información sobre os límites de Google Pay.

Se tes problemas para descargar a aplicación Google Pay, vai ao Centro de Axuda de Google Pay.

Que pasa se cancelo a viaxe?

Se realizas cambios na túa viaxe ou cancelas parte dela, non recibirás ningunha devolución coa diferenza.

Onde podo ver todos os detalles?

Podes consultar os detalles do programa nas nosas Condicións de servizo. Se o teu voo ten garantía de prezo, aplícanse as Condicións de servizo do programa de garantía de prezo.

Se tes problemas ou preguntas relacionados co voo, ponte en contacto connosco.

Preguntas frecuentes

Teño que facer algo despois de reservar?

Non. Supervisamos o prezo automaticamente despois de realizares a reserva e ata a saída do primeiro voo. Se o prezo baixa despois da engalaxe, notificarémoscho.

Se o prezo baixa, cando me pagan a diferenza?

A diferenza adóitase recibir na conta de Google Pay nun prazo de 48 horas a partir da engalaxe do primeiro voo.

Podo cancelar a garantía?

Podes darte de baixa do programa de garantía de prezo antes de reservar o voo. Para cancelar a garantía despois de reservalo, ponte en contacto connosco.

Que ocorre se o voo se cancela ou cambia de horario?

Se o voo se cancela ou cambia de horario, non recibirás a devolución coa diferenza.

Que ocorre se o prezo baixa e despois volve subir?

Devolveráseche a diferenza entre o prezo do voo vixente cando o reservaches e o prezo máis baixo dispoñible antes da engalaxe.

Fixen a reserva a través do sitio web da compañía aérea ou da axencia de viaxes

Se escolliches un itinerario con garantía de prezo en Google Voos pero fixeches a reserva a través dunha compañía aérea ou dunha axencia de viaxes en liña desde o seu sitio web, selecciona esta opción.

Canto diñeiro podo recibir cunha garantía de prezo?

Cando seleccionas unha opción de reserva con garantía de prezo en Google Voos, o programa págache a diferenza entre o prezo que teña o voo nese momento e o prezo máis baixo ao que se oferte o billete dese mesmo itinerario, tal cal se mostra en Google Voos, desde entón ata a saída. Para recibir un pago, a diferenza de prezo debe ser maior de 5 USD. Podes conseguir ata un total de 500 USD por conta de Google e ano natural con todos os itinerarios que cumpran os requisitos pertinentes. Podes ter un máximo de 3 reservas con garantía de prezo confirmadas á vez. Se cumpres os requisitos pertinentes, devolveráseche o diñeiro unha vez que engale o primeiro voo do itinerario reservado.

Como podo obter a garantía de prezo?

Importante:

  • Para atopar voos con garantía de prezo, debes ter configurados os EUA como país ou rexión e o USD como moeda.
  • A garantía de prezo aplícase unicamente aos voos de só ida ou de ida e volta que saian dos Estados Unidos.
  • Cómpre que teñas a sesión iniciada na túa Conta de Google.

A garantía de prezo está dispoñible só para voos nos que estamos seguros de que o prezo non baixará. Estes voos teñen a insignia de prezo de cores  cando escolles os traxectos de ida e os de volta. A garantía de prezo só se che aplica se o prezo do billete baixa despois de que selecciones unha opción de reserva con garantía en Google Voos e antes de que saia o primeiro voo do itinerario.

  1. Selecciona un voo coa insignia en Voos de ida.
    • Para que se aplique a garantía de prezo, todos os voos do itinerario en cuestión deben ter a insignia do programa.
  2. Para seleccionar unha opción de reserva con garantía de prezo, fai clic en Continuar na sección Opcións de reserva.
    • As opcións de reserva con garantía de prezo teñen a insignia do programa.
    • Garantímosche que o prezo que atoparás ao lado da insignia do programa de garantía de prezo non baixará máis antes da engalaxe.
  3. No sitio web da compañía aérea ou da axencia de viaxes, reserva exactamente o mesmo itinerario que aparece asociado á garantía en Google Voos. Para que se aplique a garantía de prezo, todos os compoñentes do itinerario que reserves deben coincidir cos do itinerario da nosa plataforma, entre eles a compañía aérea, o número de voo, as datas, o número de pasaxeiros, a tarifa e a clase do billete, e a política de cancelación.
  4. Unha vez que seleccionas a opción de reserva con garantía de prezo en Google Voos, Google observa o prezo todos os días ata a engalaxe.
    • Despois da engalaxe, recibirás un correo electrónico no que se che indicará se o prezo baixou ou non.
  5. Se houbo unha baixada de prezo, pedirémosche que confirmes que reservaches o voo para aboarche a diferenza en Google Pay:
    • No correo electrónico, fai clic en Si, reservei este voo e sigue as instrucións:
      • Escribe o número de confirmación e os teus apelidos, e marca a caixa para aceptar as Condicións de servizo.
      • Fai clic en Confirmar.
  • Tamén podes ir á páxina Garantía de prezo e facer o seguinte:
    • Busca o teu itinerario con garantía.
    • Fai clic en Si, reserveino.
    • Escribe o número de confirmación e os teus apelidos; logo, marca a caixa para aceptar as Condicións de servizo.
    • Fai clic en Confirmar.

Na páxina Garantía de prezo, podes atopar os voos que reservaches con garantía. Na opción Configuración de Viaxes, podes actualizar as túas preferencias de correo electrónico.

Canto tempo dura?

A garantía de prezo entra en vigor en canto seleccionas unha opción de reserva con garantía en Google Voos.

Teño que pagar algo pola garantía?

Non. O programa de garantía de prezo non ten custo económico.

Que pasa despois de seleccionar unha opción de reserva con garantía?

Despois de que selecciones unha opción de reserva con garantía, supervisaremos o prezo ata que saia o primeiro voo do itinerario. Entón, recibirás un correo electrónico no que se che indicará se o prezo baixou ou non. Tamén é posible que recibas un correo de novidades nalgún momento despois de seleccionar a opción de reserva con garantía e antes de que saia o voo. Se se produciu algunha baixada de prezo, debes confirmar que reservaches o billete dentro dun prazo de 30 días tras a saída do primeiro voo do itinerario para que poidamos pagarche a diferenza en Google Pay. Se o prezo non baixou, podes confiar plenamente en que conseguiches o mellor prezo con Google Voos.

Onde podo consultar as miñas reservas de voos con prezo garantido que cumpren os requisitos do programa?

Se seleccionaches unha opción de reserva con garantía de prezo, podes xestionar o voo na páxina Garantía de prezo.

Como confirmo unha garantía de prezo?

Se baixa o prezo dun voo que seleccionases e que cumpra os requisitos para beneficiarse da garantía, recibirás un correo electrónico de Google Voos. Para confirmar a garantía, fai clic en Si, reservei este voo no correo electrónico e sigue as instrucións:

  • Escribe o número de confirmación e os teus apelidos, e marca a caixa para aceptar as Condicións de servizo.
    • O número de confirmación é o código alfanumérico que aparece no correo de confirmación da reserva que recibiches tras comprar o voo no sitio web da compañía aérea ou da axencia de viaxes (por exemplo: SFTORB).
  • Fai clic en Confirmar.

Tamén podes xestionar a garantía desde a páxina Garantía de prezo. Para confirmar a garantía, fai clic en Si, reserveino e sigue as instrucións.

Podes ter un máximo de 3 reservas con garantía confirmadas á vez.

Como se me pagará a diferenza?

Importante:

  • Debes ter polo menos 18 anos.
  • Para reclamar o pago, debes ter ou crear unha conta de Google Pay. Debes ter a sesión iniciada coa mesma conta de Google que utilizaches para buscar o voo en Google Voos.
  • Os usuarios de Google Pay están suxeitos ás Condicións de servizo de Google Pay.

Se o prezo baixa, notificarémoscho despois da engalaxe e pagarémosche a diferenza en Google Pay. Se aínda non confirmaches que reservaches o voo, pedirémosche que o fagas. Unha vez que o confirmes, pagarémosche a diferenza en Google Pay. O ingreso adoita tardar un máximo de 48 horas en figurar na conta.

Se non tes unha conta de Google Pay, debes creala para que poidamos devolverche a diferenza:

  • Se o prezo baixou e confirmaches a reserva antes da saída do primeiro voo:
  • Se o prezo baixou e non confirmaches a reserva antes da saída do primeiro voo:
    • Confirma que reservaches o billete antes de que pasen 30 días tras a saída do primeiro voo do itinerario.
    • Unha vez que o confirmes, fai o seguinte para reclamar a diferenza:

Unha vez que vexas os cartos en Saldo de Google Pay ou Diñeiro en Google Pay, poderás transferilos á túa conta bancaria:

  1. Vai a wallet.google.com.
  2. Fai clic en Métodos de pago e despois Diñeiro en Google Pay ou Saldo de Google Pay.
  3. Fai clic en Transferencia saínte.
  4. Indica o importe que queres transferir.
  5. Selecciona a conta bancaria á que queres transferir o diñeiro.
  6. Fai clic en Transferencia saínte.

Mentres non verifiques a túa identidade, podes transferir ata un total de 200 USD á semana desde o sitio web de Google Pay. Para poder transferir máis diñeiro, debes descargar a aplicación Google Pay e verificar a túa identidade. Máis información sobre os límites de Google Pay.

Se tes problemas para descargar a aplicación Google Pay, vai ao Centro de Axuda dese produto.

Como fago para deixar de recibir notificacións por correo electrónico sobre as garantías de prezo?

Xestiona as garantías na páxina Garantía de prezo. Se fas clic en Non, non o reservei, non che enviaremos ningunha notificación máis por correo electrónico con respecto a ese itinerario concreto.

Tamén podes desactivar as notificacións por correo electrónico en Configuración de Viaxes. A pesar de todo, aínda que desactives as notificacións por correo electrónico, se confirmas un itinerario con garantía recibirás un último correo electrónico no que se che indicará se o prezo baixou ou non.

Tamén podes desactivar a función de garantía de prezo de Google en Configuración de Viaxes. Ao facelo, quitarás todos os voos con prezo garantido que teñas e non che mostraremos as insignias do programa de garantía de prezo en Google Voos. Non se che fará o pago correspondente a ningunha garantía que teñas pendente de cobro, nin sequera se xa a confirmaches.

Que pasa se cancelo a viaxe?

Se realizas cambios na túa viaxe ou cancelas parte dela, non recibirás ningunha devolución coa diferenza.

Onde podo ver todos os detalles do programa?

Podes consultar información detallada do programa en Condicións de servizo adicionais das garantías de prezo de Google. Estas condicións aplícanselles a todos os voos con garantía de prezo.

Se tes problemas ou preguntas relacionados co voo, ponte en contacto connosco.

Preguntas frecuentes

Que ocorre se o voo se cancela ou cambia de horario?

Se o voo se cancela ou cambia de horario, non recibirás a devolución coa diferenza.

Que ocorre se o prezo baixa e despois volve subir?

Pagaráseche a diferenza entre o prezo vixente cando seleccionaches a opción de reserva con garantía en Google Voos e o prezo máis baixo dispoñible antes da engalaxe.

Recursos relacionados

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
2863147848355291073
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false