Como podes atopar as mellores tarifas con Google Voos?

Google Voos ofrece funcións para axudarche a atopar as mellores tarifas para a data da túa viaxe.

Cando buscas voos, Google Voos ordena os resultados automaticamente por Os mellores voos, mostrándoos ordenados por prezo, duración, hora do día e outros factores. Pero existen outras ferramentas que podes usar para atopar a mellor tarifa.

Como clasificamos os mellores voos de ida?

Estes voos clasifícanse segundo a mellor relación entre prezo e comodidade, para o que se teñen en conta factores como a duración, o número de escalas e os cambios de aeroporto durante estas. Tamén podemos incluír itinerarios sen escalas de compañías aéreas acerca das que non temos información sobre prezos, pero estes sempre aparecerán na posición máis baixa. 

Para mostrarche estes resultados, Google Voos compara ofertas de máis de 300 socios de viaxes, entre os que se atopan compañías aéreas, axencias de viaxes en liña e agregadores de prezos. É posible que nos resultados non se reflictan todas as ofertas dispoñibles. 

Os socios de viaxes non lle pagan a Google por aparecer na lista de voos, e as nosas relacións con eles non inflúen na orde da lista.

Como clasificamos os outros voos de ida?

Clasificamos estes voos en orde ascendente segundo o seu prezo. Os itinerarios que non teñen un prezo asignado aparecen debaixo de todos os resultados con prezo.

Como clasificamos as ligazóns para facer reservas?

O algoritmo de Google Voos que clasifica as ligazóns ten en conta varios factores de diversa importancia:

  • Se a ligazón inclúe un prezo.
  • O prezo que ofrece o socio en Google Voos.
  • Se a ligazón é dunha compañía aérea ou dunha axencia de viaxes en liña.
    • Os datos de Google indican que os usuarios prefiren as ligazóns das compañías aéreas, pero o obxectivo de Google é proporcionar ambas as opcións (é dicir, ligazóns de compañías aéreas e de axencias de viaxes en liña) nos resultados principais.
  • O tipo e a calidade da ligazón, é dicir, se se trata dunha ligazón superficial ou profunda.
    • O usuario non debería ter que seleccionar o itinerario de novo no sitio web do socio.
  • Se a ligazón integrada en Google Voos apunta a un sitio web cunha interface adaptada para móbiles.

Por que algúns prezos están en verde?

Aínda que temos en conta varios factores á hora clasificar os voos e as ligazóns para reservas, entendemos que o prezo é moi importante para moitos usuarios. Usamos un tipo de letra verde para destacar os voos e as opcións de reserva máis accesibles de xeito que poidas atopalos máis facilmente.

Estes voos e reservas máis baratos determínanse en función do que teña o prezo máis económico e do número total de opcións dispoñibles.

Como podes saber cando debes reservar os voos?

Na sección Consellos poden incluírse notas nas que se che indiquen se atopaches unha boa oferta.
  • É pouco probable que os prezos baixen antes de que fagas a reserva: este consello móstrase cando Google Voos predí cun elevado grao de confianza que os prezos da viaxe non van baixar entre a hora da busca e a saída do voo. Esta predición baséase nunha análise das tendencias dos prezos dos voos anteriores, aínda que sempre existe a posibilidade de que os prezos non se comporten da maneira esperada no futuro. Nos teléfonos móbiles, esta nota pode aparecer na sección Reserva pronto.
  • Os prezos son inferiores ao habitual: este consello móstrase cando os prezos da viaxe son notablemente inferiores aos esperados en función dunha análise dos prezos anteriores de viaxes similares. Cando fagas clic no consello, indicarache que factores utilizou Google Voos para determinar por que o prezo é inferior ao habitual.
  • É probable que os prezos suban: Tamén é posible que atopes o consello "É probable que os prezos suban" determinada cantidade nos días seguintes, algo que ocorre cando Google Voos pode predicir cun elevado grao de confianza que os prezos van subir e canto o farán aproximadamente. Esta predición baséase nunha análise das tendencias dos prezos dos voos anteriores, aínda que sempre existe a posibilidade de que os prezos non se comporten da maneira esperada no futuro. Nos teléfonos móbiles, esta nota pode aparecer na sección Reservar agora.

Como podes saber as datas e os destinos recomendados para viaxar?

  • Datas: É posible que percibas que os prezos dos voos flutúan cando escolles un día diferente da semana. Cando fagas clic en Datas, poderás atopar as que teñen as mellores tarifas.
  • Gráfico de prezos: se as datas da viaxe son flexibles, fai clic en Gráfico de prezos para explorar as tendencias das tarifas por mes ou semana. Nesta sección tamén podes activar o seguimento de voos e prezos.
  • Aeroportos: Na sección Aeroportos pode indicarse que hai tarifas máis baratas en distintos aeroportos e cales son as tarifas en cuestión.

Recursos relacionados

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
565393557151684514
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false