Estimacións de emisións por modo de transporte

Agora podes ver as estimacións de emisións e as comparacións entre distintos modos de transporte.

Como facemos as estimacións do nivel de emisións de carbono?

Para calcular as emisións dos trens, Google utiliza un método que ten en conta os quilómetros percorridos e o número de pasaxeiros da túa busca. Segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE), os trens producen de media 19 gramos de CO2eq por pasaxeiro-quilómetro durante o seu ciclo de vida. As emisións exactas dependen do tren e do operador. Os datos da AIE actualízanse todos os anos, e Google está traballando para recompilar información precisa dos operadores ferroviarios.

Emisións de trens en comparación con avións e coches

Google considera os trens "respectuosos co clima" porque, en comparación con percorrer a mesma distancia en avión, ao viaxar en tren xeralmente redúcense arredor dun 85 % as emisións de carbono por pasaxeiro. En comparación con percorrer a mesma distancia en coche, ao viaxar en tren xeralmente redúcense arredor dun 87 % as emisións de carbono por pasaxeiro. A redución exacta de emisións dependen do tren. A porcentaxe pode ser aínda maior no caso dos trens de longa distancia.

Modo de transporte Factor de emisións Fonte
Tren 19 gramos de CO2eq por pasaxeiro-quilómetro
durante o seu ciclo de vida
Segundo a AIE
Avión 123 gramos de CO2eq por pasaxeiro-quilómetro
durante o seu ciclo de vida
Segundo a AIE
Coche (pequeno/mediano) 148 gramos de CO2eq por pasaxeiro-quilómetro
durante o seu ciclo de vida
Segundo a AIE

Que son as emisións de CO2eq durante o ciclo de vida?

CO2eq quere dicir "dióxido de carbono equivalente" e é unha medida que usa a industria para describir varios gases de efecto invernadoiro en función do seu potencial de quecemento global. É unha unidade común que se usa para estandarizar a comparación de distintas emisións de gases de efecto invernadoiro. O CO2eq calcúlase a través de medicións de conversións doutros gases en cantidades equivalentes de dióxido de carbono co mesmo potencial de quecemento global.

As emisións durante o ciclo de vida son a cantidade agregada e integral das emisións por uso de combustible. Inclúen as emisións directas do uso de combustible, así como as emisións producidas durante cada fase da produción de combustible.

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
2740203825497091529
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false