Como se estima o nivel de emisións?

Google Voos mostra a carón de cada voo as estimacións das emisións de efecto invernadoiro durante o ciclo de vida con respecto ao número de viaxeiros seleccionados. A cada voo asígnaselle unha etiqueta en función do seu nivel de emisións: máis alto do habitual; normal; máis baixo do habitual; ou descoñecido.

De onde obtén Google esta información?

Google calcula as estimacións do nivel de emisións usando a versión máis recente do modelo sobre o impacto das viaxes (TIM polas súas siglas en inglés), un modelo que administra Google e que supervisa un comité asesor formado por persoas expertas en sostibilidade e aviación. O TIM é un modelo de estimación do nivel de emisións transparente que recibe melloras continuamente e que se creou mediante conxuntos de datos externos públicos e baixo licenza. Este modelo está baseado nas innovacións científicas máis recentes e en estándares recoñecidos internacionalmente. 

Se necesitas máis información, consulta a seguinte ligazón:

Emisións durante o ciclo de vida

O modelo sobre o impacto das viaxes (TIM) ten en conta o ciclo de vida completo das emisións do combustible dos avións mediante a estimación das emisións desde a súa produción ata o seu uso final. As emisións desde a produción ata o uso final son a suma das emisións producidas ao fabricar e transportar o combustible dos avións e as emisións de dióxido de carbono (CO2) que resultan da combustión durante a engalaxe, o percorrido e a aterraxe.

Ademais do CO2, o TIM converte as emisións de gases diferentes ao CO2 no seu "CO2 equivalente" (CO2e) en función do seu potencial de quecemento global.

Nivel de emisións habitual

O nivel de emisións habitual é a mediana das emisións da ruta que buscaches. A mediana calcúlase como o valor intermedio de entre todas as posibles emisións de cada ruta, e ten en conta os voos do ano seguinte.

As estimacións do nivel de emisións de cada voo compárase coa mediana da ruta. Así é como Google identifica voos cun nivel de emisións máis alto, normal ou máis baixo do habitual.

É posible que, nalgunhas buscas, non atopes voos cun nivel de emisións máis baixo do habitual. Isto ocorre cando os voos das datas seleccionadas non son menos contaminantes que a mediana da ruta. Se queres buscar voos cun nivel de emisións máis baixo do habitual, proba con outras datas.

Emisións descoñecidas

Hai algúns voos dos que non temos dispoñibles os datos das emisións, nin tampouco podemos calcular unha estimación aproximada. Isto pode ocorrer cun tipo de aeronave moi específico. Nestes casos, non mostraremos ningunha estimación do nivel de emisións e o voo marcarase coa etiqueta “nivel de emisións descoñecido”.

Factores que inflúen nas emisións

As emisións reais poden variar e dependen de factores como os seguintes:

  • Modelo e configuración da aeronave
  • Velocidade e altitude da aeronave
  • Distancia entre a orixe e o destino
  • Número de pasaxeiros

Para comprender as estimacións do nivel de emisións que mostramos, é importante saber o seguinte:

  • Os voos directos non sempre son os menos contaminantes, especialmente os que realizan rutas longas. É posible que o nivel de emisións de carbono dun voo con varias escalas realizado nunha aeronave cun consumo eficiente de combustible sexa menor que o da opción sen escalas.
  • Distintas aeronaves con capacidades e alcances similares poden ter niveis de emisións moi diferentes. Entre os factores que afectan ao nivel de emisións están o tipo de aeronave ou a disposición dos asentos que utiliza a compañía aérea.
  • Para os voos que teñan como saída ou destino os EUA, ou ben os que se realicen dentro deste país, o modelo calcula os factores de carga de pasaxeiros tomando como referencia o historial de datos do Departamento de Transportes dos EUA. Para os voos fóra dos EUA, usamos un factor de carga histórico dos datos facilitados por ch-aviation, se está dispoñible. Para todos os outros voos, as estimacións dos niveis de emisións baséanse na media do factor de carga do sector correspondente ao ano 2019, un valor anterior á pandemia de coronavirus (COVID-19). Na nosa documentación de GitHub, podes consultar máis información sobre as fontes de datos que usamos e a forma na que se calculan os factores de carga.
  • As nosas estimacións dos niveis de emisións aínda non teñen en conta factores como a dirección do voo, o uso de combustibles sostibles nin o peso do cargamento do avión.

Outros efectos do quecemento provocado polos voos

Ademais de liberar CO2 na atmosfera, os voos poden causar outros efectos que contribúen ao quecemento, como ronseis de condensación. 

Nas rexións con humidade elevada, o vapor de auga do aire condénsase arredor das partículas de tisne do tubo de escape do avión e conxélase. Desta forma, xéranse rastros de condensación parecidos a nubes, tamén coñecidos como ronseis. A maioría dos ronseis disípanse rapidamente, pero, nunha pequena fracción dos voos, as condicións atmosféricas alíñanse para producir ronseis que persisten e se espallan, atrapando a calor na atmosfera.

Se se teñen en conta os ronseis, o impacto dos voos no quecemento pode ser ata un 60 % máis alto do estimado unicamente en función da combustión de carburantes [Lee, 2021. CO2e/GWP100]. Aínda que sabemos que só aproximadamente o 10 % dos voos causan a maioría dos ronseis persistentes, é difícil predicir a súa formación e atribuír o impacto a voos individuais (por exemplo, á hora de prever turbulencias con semanas ou meses de antelación). Ademais, non hai consenso científico no tocante a como se debe cuantificar o impacto dos voos individuais. Por estes motivos, non se inclúe actualmente no modelo utilizado para estimar as emisións.

Google traballa con científicos, académicos e expertos do sector para predicir de forma fiable o impacto dos ronseis que xera cada voo. Co tempo, pensamos incluír estas predicións no TIM.

Estimacións do nivel de emisións dos trens

Para calcular as emisións dos trens, Google utiliza un método que ten en conta os quilómetros percorridos e o número de pasaxeiros da túa busca. De media, os trens emiten 19 gramos de CO2eq por pasaxeiro-quilómetro durante o seu ciclo de vida, segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE). As emisións exactas dependen do tren e do operador. Os datos da AIE actualízanse todos os anos, e Google está traballando para recompilar información precisa dos operadores ferroviarios.

Busca
Borrar busca
Pechar busca
Menú principal
11765670164160989915
true
Buscar no Centro de axuda
true
true
true
true
true
254
false
false